Home A Coruña A ANPA do colexio Bergantiños realizou unha intervención no pleno previa ao...

A ANPA do colexio Bergantiños realizou unha intervención no pleno previa ao debate da moción conxunta do BNG e o PSOE

- Anuncio -

As necesidades de persoal do centro escolar e os orzamentos para o 2025 centraron a última sesión do ano

As demandas da comunidade educativa do CEIP Bergantiños polarizaron o último pleno do ano, no que tamén foron aprobados os orzamentos para o 2025. Dúas cuestións de tanta relevancia alongaron dúas horas e media a sesión, que comezou cun minuto de silencio pola última vítima da violencia machista en Galicia.

Xa desde media hora antes do pleno puideron escoitarse as reivindicacións das familias do alumnado na Praza do Concello, onde se celebrou unha concorrida concentración á que se sumaron os concelleiros e concelleiras do BNG e o PSOE, os dous grupos que asinaron, a proposta da ANPA, unha moción con dúas peticións dirixidas á Consellería de Educación: a adaptación do cadro de persoal do CEIP Bergantiños á realidade do centro, que ten entre un 35 e un 43% de alumnado con necesidades especiais ou específicas de apoio, incorporando os/as profesionais precisos/as, e a dotación dos recursos necesarios para desenvolver o Plan Xeral de Atención á Diversidade para poder dar resposta ás necesidades da totalidade do alumnado.

A proposta contou co voto a favor dos dous partidos asinantes, mentres que o PP abstívose. Previamente, a presidenta da ANPA tivera a oportunidade de falar no pleno no nome das familias. A súa intervención, que podedes ver e escoitar AQUÍ, foi moi aplaudida polos pais e nais presentes no salón de sesións e tamén polos concelleiros e concelleiras nacionalistas e socialistas. Hoxe o alcalde, Evencio Ferrero, reiterou o apoio do goberno municipal ás familias participando con elas na última concentración do ano ás portas do colexio.

Acordos do pleno
• Acta da sesión anterior. Aprobada por unanimidade.
• Corrección do acordo de denominación de rúas en Carballo. Aprobación definitiva por unanimidade.
• Aprobación de recoñecemento de obrigas de exercicios anteriores. Aprobada con 18 votos a favor e 2 abstencións.
• Cadro de persoal do Concello de Carballo para o exercicio 2025. Unanimidade.
• Orzamento xeral do Concello de Carballo para o exercicio 2025. Aprobación inicial cos votos a favor do BNG, as abstencións do PSOE e os votos en contra do PP.
• Recoñecemento de compatibilidade solicitada polo traballador municipal coa categoría de profesor de saxofón do CMUS do Concello de Carballo, para a realización dunha segunda actividade no sector privado. Unanimidade.
• Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+2024” da Deputación Provincial da Coruña. POS+Adicional 1/2025 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. Unanimidade.
• Moción conxunta dos grupos municipais do BNG e PSOE, para solicitar da Consellería de Educación recursos necesarios para desenvolver o Plan Xeral de Atención á Diversidade, a instancia da ANPA A Granxa do CEIP Bergantiños. BNG e PSOE votaron a favor e o PP abstívose.

Relacionadas

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O Concello adxudica os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández...

0
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros O Concello vén de...

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos...

0
O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social...

Albert Pla pecha este sábado a programación do Ciclo Principal de outono no Teatro...

0
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta,...

Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico...

0
Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello Carballo é...

Incendio na nave do Matadoiro de Vilaseco, en Vimianzo

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo, apoiados polo parque de Santa Comba, acudiron sufocar o incendio producido no Matadoiro de Vilaseco, na parroquia...

Publicacións Relacionadas