HomeA CoruñaA asociación Adapta mellora as instalacións do centro Asprodico co apio da...

A asociación Adapta mellora as instalacións do centro Asprodico co apio da Fundación ONCE

- Anuncio -spot_img

Finaliza a primeira fase de obras de remodelación para que este centro se converta nun centro de referencia na comarca de atención a persoas con discapacidade.

Unha axuda da Fundación ONCE permitiu que a asociación Adapta de Persoas con Discapacidade das Comarcas de O Condado e Paradanta puidera levar a cabo parte da reforma interior do antigo centro municipal Asprodico, cedido recentemente polo concello de Ponteareas para transformalo nun centro de recursos integrais de atención especializada a persoas con discapacidade da comarca.

A través do Plan de Prioridades, a Fundación ONCE concedeulle á entidade Adapta unha axuda económica por importe de 81.850,25€ para levar a cabo un proxecto de Rehabilitación e Reforma para a Posta en Funcionamento dun Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade.

Esta reforma, ademais de mellorar as instalacións existentes, permitirá a creación dun recurso especializado que vai permitir dar resposta ás necesidades das persoas con discapacidade da contorna e das súas familias e/ou persoas coidadoras. Contemplará un centro de atención diúrna e un centro terapéutico ocupacional, cunha asistencia de luns a venres dun máximo de oito horas diarias.

Cando rematen as obras do centro, que agora haberá que agardar a unha segunda fase, as instalacións acollerán servizos de fisioterapia, rehabilitación, terapia ocupacional, logopedia, transporte adaptado e comedor, entre outros, todos estes contemplados na carteira de Servizos da Consellería de Política Social.

Todas as actividades que se van a levar a cabo no centro van ter como obxectivo promover o desenvolvemento integral das persoas con discapacidade, potenciando as capacidades físicas, funcionais e prelaborais, ademais das referentes ao equilibrio persoal, inserción social e laboral, afectivas ou de relación social, así como as relacións interpersoais.

Publicacións Relacionadas