HomeA CoruñaA Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional sumouse hoxe, 25 de...

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional sumouse hoxe, 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, ás accións e campañas institucionais para visibilizar e condenar toda forma de violencia machista.

- Anuncio -spot_img

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional sumouse hoxe, 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, ás accións e campañas institucionais e propias para visibilizar e condenar toda forma de violencia machista.

O compromiso da entidade estendeuse a diferentes actos comarcais, destacando a participación activa nos actos de conmemoración nos concellos de Ribeira e Boiro.

Voces con Diversidade na Praza Pública

Un dos momentos máis significativos foi en Ribeira, onde Noelia Argibay, integrante de Elas, grupo de artes escénicas de Ambar, tomou a palabra na Praza do Concello para realizar a lectura do manifesto xunto con outras entidades colaboradoras como A Creba, Agadea, A Cofradía da Dorna ou Cáritas. Tamén colaboraron no acto varios colexios da zona, tanto na lectura como desenvolvendo dunha acción artística. Estes xestos subliñan o compromiso ineludible tanto de Ambar coma das demais entidades, na defensa dos dereitos de todas as mulleres, poñendo énfase nas mulleres con diversidade funcional.

En Boiro, a Asociación Ambar tamén estivo presente no acto municipal, asistindo ó “Micro Aberto” que contou ca participación e pezas musicais do alumnado dos IES locais, reforzando a mensaxe de concienciación interxeracional.

Campaña contra a Violencia Dixital

Paralelamente, no Centro de Recursos de Ambar sumouse á campaña De Fronte, da Deputación da Coruña, baixo o lema “Que o futuro non nos leve ó pasado”. Esta iniciativa centrouse en visibilizar a violencia machista dixital, a miúdo sutil e normalizada.


Mediante un mural colectivo de compromiso, a campaña acadou un notable éxito de participación. As persoas participantes escribiron os seus pensamentos e compromisos persoais para colgalos nas súas tarxetas nun panel colaborativo, convertendo a acción nunha declaración conxunta contra a violencia de xénero.

A Asociación Ambar agradece a todas as persoas colaboradoras, participantes e entidades que demostraron estar unidas contra calquera forma de violencia.

Publicacións Relacionadas