Home A Coruña A Asociación de Concellos do Camiño Inglés aproba unha revisión de prezos...

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés aproba unha revisión de prezos de 65.000 € para acometer actuacións de mellora nesta ruta

- Anuncio -

A Deputación sacará a licitación o proxecto “Mellora e posta en valor do Camiño Inglés” cun investimento de medio millón de euros en traballos de mellora da sinalización, alumeado, pavimentación e seguridade

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés, reunida en asemblea xeral extraordinaria no Edificio Liceo de Betanzos, deu luz verde ao proxecto “Mellora e posta en valor do Camiño Inglés”, que inclúe 32 actuacións de mellora da sinalización, alumeado, pavimentación e seguridade no Camiño Inglés ao seu paso polos 16 municipios que integran a asociación. Unha asemblea que aprobou por unanimidade aceptar unha revisión de prezos por importe de 65.256,20 euros no proxecto debido ao incremento do prezo dos materiais a empregar na súa execución.

O presidente da asociación, Manuel Mirás, explicou que “este é o primeiro gran proxecto que acometemos dende a Asociación e houbo moitas dificultades porque somos 16 concellos, máis de 32 actuacións e houbo que pedir informes sectoriais a todas as administracións”, o que atrasou en case dous anos a tramitación. Unha situación que fixo que dende o servizo de Intervención da Deputación da Coruña, entidade que o pasado mes de maio aceptou a encomenda da Asociación de Concellos do Camiño Inglés para tramitar este procedemento de licitación, pediran esta revisión de prezos.

O informe técnico presentado na asemblea explicaba que esta revisión de prezos viña motivada pola suba no custe dos materiais a empregar nestes dous anos, o que explica tamén as diferenzas nas cantidades que tiveron que asumir os distintos municipios. Oroso é o municipio que máis terá que achegar (11.549,90 euros), seguido de Narón (7.016,26 euros), Ferrol (6.485.28 euros) e Abegondo (6.412,71 euros). No outro extremo están Carral (670,25 euros), Ordes (1.203,28 euros), Betanzos (1.352.70 euros) e Mesía (1.850,36 euros).

Mirás Franqueira explicou que houbo tres casos especialmente complicados na tramitación do proxecto: Fene, “onde por petición do alcalde tiven que desbloquear a situación co SEPES dende o Senado”; Oroso, “onde unha primeira actuación sobre a Fonte da Santiña estaba en terreo de Fomento, que autorizaba a actuación pero onde o secretario municipal obrigou a cambiar o proxecto”; e na Coruña, “onde houbo dificultades tamén con Patrimonio, como en case todos os concellos”.

Licitación pola Deputación

Unha vez aprobada a revisión de prezos, “esta semana achegaremos o acordo á Deputación para que proceda co expediente de licitación para intentar facer estas obras canto antes”, apunta Mirás Franqueira, “para que os peregrinos teñan un mellor camiño. Ademais, espero que a experiencia que adquirimos con este proxecto facilite que poidamos seguir facendo cousas”.

Deste xeito, nos próximos días a Deputación da Coruña procederá a licitar o proxecto “Mellora e posta en valor do Camiño Inglés” por un orzamento inicial de licitación de 525.472,54 euros. O obxectivo é que poida ser adxudicado antes de que finalice o ano, de forma que cada Concello disporá de máis de 25.000 euros para acometer actuacións de mellora no Camiño Inglés en materia de alumeado, sinalización, pavimentación, seguridade, arranxo de beirarrúas, habilitación de áreas de descanso…

Unhas actuacións que terán un carácter homoxéneo nos dezaseis municipios, como exemplifican os paneis informativos que se van instalar. Uns paneis de madeira que se emprazarán na entrada de cada municipio e achegarán información de utilidade para o peregrino sobre que recursos de interese patrimonial, paisaxístico, cultural e turístico poden ser do seu interese ao paso da ruta Xacobea. Unha información dispoñible en galego, castelán e inglés, cunhas dimensións e imaxe conxunta para todos os municipios.

Manuel Mirás reiterou o agradecemento da Asociación de Concellos do Camiño Inglés á Deputación da Coruña, que se encargará de aprobar o expediente administrativo de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas, sacalo a licitación e facer a correspondente proposta de adxudicación. Unha vez formalizado o contrato coa entidade adxudicataria, será a Asociación de Concellos do Camiño Inglés quen se encargue da execución e pago das obras.

Así mesmo, a Deputación da Coruña achega case 320.000 euros do custe do proxecto, mentres que o resto corresponde a aportacións dos dezaseis municipios que integran a Asociación de Concellos do Camiño Inglés: A Coruña, Abegondo, Betanzos, Cabanas, Carral, Fene, Ferrol, Mesía, Miño, Narón, Neda, Ordes, Oroso, Paderne, Pontedeume e Santiago de Compostela.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas