HomeA CoruñaA Banda Municipal da Coruña inicia este domingo o programa de Primavera...

A Banda Municipal da Coruña inicia este domingo o programa de Primavera 2026, con cinco concertos e varias citas extraordinarias

- Anuncio -spot_img

A formación terá cinco actuacións os domingos entre marzo e maio no Teatro Colón, con entrada libre

A Banda Municipal de Música da Coruña inicia este domingo o seu Ciclo de Primavera 2026, un programa composto por cinco concertos no Teatro Colón e varias actuacións extraordinarias en distintos espazos da cidade. Baixo a dirección do seu titular, Juan Miguel Romero Llopis, a agrupación ofrecerá unha tempada marcada pola diversidade estilística, a participación de solistas convidados e a colaboración con entidades culturais galegas.
“Esta programación reforza a aposta pola música pública de calidade e promove o acceso da cidadanía á creación artística, mantendo o modelo de concertos dominicais que a BMMC vén desenvolvendo con grande éxito de público”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

O ciclo arrinca este domingo 29 de marzo con ‘Lendas musicais’, un programa centrado en obras inspiradas na tradición e na narrativa popular. Ao longo da primavera, a Banda abordará repertorios sinfónicos, creación contemporánea e propostas con participación coral ou educativa. Entre os convidados destacan o Coro da OSG, o solista de óboe Aitor Llimérá, a Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada e o clarinetista Manuel Martínez, que intervirá no concerto de clausura. De novo, afondarase na colaboración con eventos como RESIS e a confluencia de distintos estilos musicais dentro de cada programa.

Ademais da programación no Teatro Colón, a tempada inclúe catro concertos extraordinarios en colaboración con outras institucións e proxectos culturais, continuando a liña de traballo que busca ampliar públicos e descentralizar a actividade musical da cidade.

Os concertos da banda súmanse á ampla programación musical proposta polo Goberno de Inés Rey, que ten convertido á Coruña en referente musical do norte de España, destacando no seu modelo de promoción da música clásica.
A programación do Ciclo de Primavera 2026
Ciclo de Primavera – Teatro Colón (12.15 horas)
● 29 de marzo: Lendas musicais
● 19 de abril: As sete trompetas da Apocalipse — Co Coro da OSG
● 7 de maio: Festival RESIS — Solista: Aitor Llimérá (óboe)
● 17 de maio: Concerto das Letras Galegas — Coa Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada
● 24 de maio: Concerto de Clausura — Solista: Manuel Martínez (clarinete) Concertos extraordinarios
● 23 de abril – Recital lírico. Centro Ágora, 20:00 h
● 30 de abril – Concerto de graduación de Félix Rodríguez. Centro Ágora, 20.00 horas
● 9 de maio – Día da Ciencia na Rúa. Xardíns Méndez Núñez, 12.00 horas
● 4 de xuño – Concerto a dúas bandas. Centro Ágora, 20.00 horas

Publicacións Relacionadas