Home A Coruña A biblioteca acolle este xoves un encontro literario, aberto á veciñanza, con...

A biblioteca acolle este xoves un encontro literario, aberto á veciñanza, con Rober H.L. Cagiao

- Anuncio -

A biblioteca municipal de Neda organiza este xoves, a partir das 18.30 horas, un encontro entre o escritor Rober H.L. Cagiao e os lectores e lectoras. A iniciativa desenvólvese en paralelo aos clubs de lectura do espazo cultural, cuxos integrantes traballaron durante o pasado mes dous dos títulos máis coñecidos deste autor miñense.
Así, os veciños e veciñas que forman parte destes grupos de lectura mergulláronse nas últimas semanas nas obras que deron nome ás dúas sagas do autor. Por unha banda, a súa primeira novela – El guardián de las flores- coa que gañou o Premio Círculo Rojo á mellor novela de misterio; e por outra, Misterios de Ferrolterra.
López Cagiao (Bañobre, 1976), que se dedica á creación literaria dende o ano 2019, leva publicados xa trece libros. O escritor compartirá conversa cos aquelas cos membros dos clubs e aquelas outras persoas afeccionadas a literatura ou seguidores da súa obra que decidan achegarse á Casa da Cultura nedense. Será unha oportunidade para dialogar co autor sobre a súa obra, e para saber un pouco máis sobre o proceso de creación literaria.

Relacionadas

O programa “Rompendo barreiras” regresa ás Escolas do Xardín con actividades de inclusión lingüística...

0
Aínda quedan prazas para as actividades destinadas a nenos e nenas de 6 a 12 anos con necesidades especiais O programa Rompendo barreiras, impulsado desde...

O Concello concorre a convocatorias de subvencións da para a mellora de infraestructuras municipais

0
Proponse cofinanciar o proxecto co que se dotará ao núcleo da Botica coas redes de abastecemento e saneamento con cargo ao Fondo de Compensación...

A Laracha acollerá un obradoiro de benestar emocional en familia da  Rede Quérote+

0
Será o 13 de marzo de 17:30 a 19:00 h na Casa da Cultura. Requírese inscrición previa chamando ao 981612811 ou no Edificio Administrativo. Os...

O Goberno municipal proporá recoñecer a Rosa Otero co título de Filla Adoptiva da...

0
A Comisión de Honras aprobará tamén o nomeamento de Ramón Núñez Centella como Fillo Predilecto da Coruña  O Goberno municipal proporá na próxima Comisión de...

O Concello organiza o 16 de marzo a andaina saudable “Avanzando en igualdade” por...

0
Este xoves ábrese o prazo de inscrición nesta proposta gratuíta O Concello de Neda recupera en marzo o seu ciclo de Andainas saudables. E faino...

Máis de cen persoas desfrutan do Cocido e Baile de Entroido do Club de...

0
Un total de 125 de persoas desfrutaron do xa tradicional Cocido e Baile de Entroido, organizados polo Club de Xubilados de Lousame no local...

Publicacións Relacionadas