HomeA CoruñaA biblioteca municipal de Neda acolle este sábado o contacontos ilustrado “Cantareiras”

A biblioteca municipal de Neda acolle este sábado o contacontos ilustrado “Cantareiras”

- Anuncio -spot_img

A biblioteca de Neda acolle este sábado pola mañá un contacontos que, de xeito ameno e participativo, divulga entre o público infantil o papel fundamental das cantareiras, na nosa lingua. O espectáculo, no que a ilustración tamén será protagonista, leva por título: “Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas”.

A proposta de Polo correo do vento chegará a Neda, da man do departamento de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, a partir das 12 horas. E faino co obxectivo busca pór en valor entre a rapazada o papel das cantareiras na conservación e difusión do noso idioma.

E así, dunha forma participativa, achegarase aos nenos e nenas a biografía dalgunhas destas mulleres (personificadas nas figuras de Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema e mais Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes das Pandeireteiras de Mens, de Malpica).
No transcurso da cita, os integrantes da compañía elaborarán un debuxo mural en directo e interpretarán algunhas das pezas que cantaban as mulleres homenaxeadas este ano pola Real Academia da Lingua, ademais dalgunhas propias.

Publicacións Relacionadas