Home A Coruña A Biblioteca Rego da Balsa abre as súas portas a un curso...

A Biblioteca Rego da Balsa abre as súas portas a un curso cheo de actividades tras un verán de lecturas ao sol na Praia dos Libros

- Anuncio -

• Na bibliopraia de Razo duplicouse nos meses de xullo e agosto o número de préstamos con respecto ao ano anterior


• A primeira actividade do curso, o mércores 21, será un espectáculo para bebés de seis meses a tres anos de idade

A Biblioteca Municipal Rego da Balsa recuperou este mes o seu horario habitual e tamén recupera a intensa actividade cultural que a caracteriza.

Comezamos un novo curso coa melanina literaria a tope despois dun extraordinario verán de lecturas ao sol na Praia dos Libros. Por segundo ano, a Concellaría de Cultura abriu as portas da biblioteca coas mellores vistas do mundo durante os meses de xullo e agosto para que, ademais de tomar o sol, practicar surf, bañarse ou xogar ao volei-praia, as persoas que se achegaron ata Razo tivesen á súa disposición os libros máis frescos.
Despois da boa acollida da experiencia inicial, este verán a bibliopraia tivo aínda máis éxito.

O número de préstamos multiplicouse por dous, e aínda que a demanda foi moi alta en todas as franxas de idade e as persoas adultas son as principais usuarias do servizo, destaca o aumento dos préstamos a usuarios/as con carné infantil, que se triplicaron. O posto de bookcrossing tamén tivo moito movemento durante todo o verán.

Pero agora toca poñerse a cuberto, e para ir abrindo boca temos preparado para o mércores 21 un inicio de curso moi especial, cun espectáculo de Trémola Teatro para bebés de seis meses a tres anos de idade. Que animaliño é? é unha actividade do programa de animación á lectura Ler conta moito que lles permitirá coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor, e a través de diferentes elementos sensoriais desfrutarán dunha emocionante aventura. As prazas xa están completas, pero xa temos máis propostas á vista!

Aínda que non sexa para participar en ningunha actividade, lembra que a partir do luns as nosas bibliotecas estarán abertas para ti nos seguintes horarios:
• Biblioteca Municipal Rego da Balsa: de luns a venres de 09.30 a 20.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.
• Biblioteca Municipal de Carballo: de luns a venres de 09.30 a 20.00 horas.

E de paso que te achegas polas bibliotecas non esquezas pedir, de balde, un exemplar do caderno de pasatempos “A píllara das dunas”, realizado pola Concellaría de Normalización Lingüística, en colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega, para que sigas coñecendo o noso concello a través dos enigmas que se presenta a publicación.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas