Home A Coruña A cabalgata de Papá Noel percorrerá o luns toda Neda para chegar...

A cabalgata de Papá Noel percorrerá o luns toda Neda para chegar aos nenos e nenas de todo o municipio

- Anuncio -

A cita, organizada polo Concello terá lugar o luns 23 de decembro, ao longo de toda a xornada

A continuación, terá lugar a tradicional recepción na Casa das palmeiras, na que non faltará o chocolate con churros para os pequenos/as que asistan

Un ano máis Papá Noel adiantará unhas horas a súa chegada á Ferrolterra para percorrer Neda, e compartir un tempo coa xente miúda do municipio. O Concello organizará a cabalgata, que volverá contar cun percorrido amplo, para repartir a ilusión entre os nenos e nenas de todo o municipio.

O tradicional desfile levará a Papá Noel a visitar practicamente de punta a punta a localidade durante a xornada do 23 de decembro, co obxectivo de que toda a rapazada poida ver ao entrañable personaxe que, como sempre, chegará cargado de regalos.

A cabalgata arrincará ás 10 horas da rúa Valle Inclán para iniciar un itinerario matinal de preto de tres horas que rematará na rúa Curros Enríquez. Tras un pequeno parón para coller folgos, Papá Noel e a súa comitiva volverán poñerse en marcha sobre as 15 horas na Toeleira. O itinerario previsto rematará pola tarde sobre as cinco e media na Mourela do Medio.

Na súa visita pola localidade estará acompañada por integrantes da Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Neda, que anunciarán coas súas luces e sirenas o paso. Deste xeito, será máis fácil que o público infantil saiba cando está preto Papá Noel para saudalo.

Recepción na Casa das Palmeiras

Unha vez finalizado o desfile, ao redor das 17.30 horas, Papá Noel dirixirase ata a Casa das palmeiras para saudar a todos os que queiran achegarse a entregar as últimas cartas con peticións de agasallos. nenos e nenas poderán ademais quecer o corpo cun chocolate acompañado dos imprescindibles churros.
A Cabalgata e a posterior recepción forman parte da programación especial de actividades do Nadal preparada polo Concello. Unha programación que arrincará este venres nos centros educativos de infantil e primaria do municipio.

Percorrido e horarios APROXIMADOS do itinerario

De 10 a 10.30 h: Rúa Valle Inclán, Campo da Festa de San Isidro, Fábrica do Monte, Silva e Curva do Bargo. De 10.30 a 11 h: Médico Cebreiro, Avda. Alxeciras, Avda. Castelao, Xeneral Morgado e Alonso Escudero. De 11 a 11.30 h: Avda. Alxeciras, Santa María, Coto, Toeleira e Avda. Xuvia. De 11.30 a 12 h: Victorino Novo, Camiño Vello, Fausto Cansado e Albarón. E de 12 a 12.30 h: Ponte Grande, Balbís, Combarro, Nogueirido, Buhída e Curros Enríquez.

Pola tarde, de 15 a 15.30 h, Toeleira, Portazgo. Poulo, Muchiqueira, Mourela Baixa e Maciñeira. De 15.30 a 16.30 h: O Roxal, Chao da Aldea, Viladonelle, Cheda, Vila de Anca, Torre, Corredoira, Chisqueira e Liñares. De 16.30 a 17 h: Bouzarredonda, Os Cobos e Pedrós; De 17 a 17.30 h: Fontevella, Cruz do Pouso, Escorial de Abaixo, Alcallás e Mourela do Medio.

Relacionadas

Maxestuosa actuación do alumnado da Escola Municipal de Danza co Crebanoces

0
A elevada calidade artística do alumnado da Escola Municipal de Danza quedou patente unha vez máis esta tarde en Mera, no Auditorio Gabriel García...

Juan Ignacio Borrego, na visita do CLIAC á Cociña Económica: “Pola súa empatía, as...

0
A rapazada que integra o Consello Local da Infancia da Coruña visitou esta tarde as instalacións do comedor social na rúa Socorro, acompañados polo...

O BNG de Oleiros preguntará no vindeiro pleno polas novas analíticas que declaran...

0
Após o tanque de tormentas, de 4 millóns de euros, continúa como zona vetada ao baño Falaba a  Xunta da Galiza aló polo ano de...

O Concello de Carballo duplica o número de minipuntos limpos de proximidade para facilitar...

0
Os novos puntos, situados nos barrios da Milagrosa, O Chorís e O Hospital-San Cristovo, inclúen por primeira vez un depósito específico para material escolar O...

Circo e xadrez en San Sadurniño… e avance da programación da fin de semana

0
A Casa da Cultura encheuse esta mañá de risas e números abraiantes coa Gala de Circo que nos ofreceu Culturactiva. Un espectáculo organizado polo...

O Concello de Ribeira inicia o acondicionamento dunha senda peonil en Teira

0
Co obxectivo de mellorar o tránsito peonil seguro no ámbito rural, o goberno ribeirense iniciou a retirada do paseo de madeira que une Teira...

Publicacións Relacionadas