HomeA CoruñaA Cabalgata dos Reis Magos percorre todas as parroquias de Brión repartindo...

A Cabalgata dos Reis Magos percorre todas as parroquias de Brión repartindo lambonadas, roscón e chocolate con churros

- Anuncio -spot_img

Os Reis Magos visitaron durante esta mañá as parroquias da “parte alta” de Brión (Cornanda, Luaña, Viceso, Ons e Boullón), así como ás persoas maiores da residencia de maiores Servisenior Brión e á rapazada que participa no programa Concilia Nadal Brión. Como en anos anteriores, Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron nun autobús de época, acompañados polo alcalde Pablo Lago; as concelleiras de Cultura, Sandy Cebral, e Servizos Sociais, Rosa Romero; e o concelleiro de Obras, Antonio Vidal.

A diferenza de anos anteriores, o tempo acompañou. Iso permitiu que mentres Melchor, Gaspar e Baltasar recibían a cada pequeno e escoitaban as súas peticións de agasallos no interior dos locais sociais; no exterior a rapazada xogaba e degustaba a bolsa de lambonadas que lles entregaran os reis. Así mesmo, tanto crianzas como persoas adultas desfrutaron tamén dunha degustación de roscón de reis e dun chocolate con churros de balde.

Para esta tarde quedan as visitas ao adro da igrexa de Bastavales, a contorna da igrexa de San Salvador, o campo da feira de San Ramón (O Tremo), o adro da igrexa dos Ánxeles e a Carballeira de Santa Minia.

Publicacións Relacionadas