HomeA CoruñaA cafetería do Centro Sociocultural de Paiosaco abrirá mañá mércores

A cafetería do Centro Sociocultural de Paiosaco abrirá mañá mércores

- Anuncio -spot_img

Estará a disposición de todos os públicos de luns a sábados de 16:00 a 20:00 h.

O Concello anuncia a apertura ao público da cafetería do Centro Sociocultural de Paiosaco, que comezará a funcionar mañá mércores. O seu horario será de luns a sábados, de 16:00 a 20:00 horas.

Trátase dunha instalación municipal pensada para ofrecer un espazo de convivencia e punto de encontro para a veciñanza que favoreza a vida comunitaria e acompañe a actividade que diariamente acolle o Centro Sociocultural de Paiosaco, o que é un dos espazos máis dinámicos do municipio. Nel, ademais da cafetería, atópase a biblioteca municipal, desenvólvense cursos e programas formativos nas aulas, é empregado para reunións e actividade do tecido asociativo municipal e, no auditorio, lévanse a cabo programas culturais (teatro, contacontos, etc.) e sociais (Seráns de Baile) organizados polo Concello que reúnen a persoas de todas as idades.

A apertura da cafetería, que estará dispoñible para todos os públicos, faise unha vez actualizadas as instalacións e mellorados os equipamentos para ofrecer un mellor servizo aos seus usuarios.

Publicacións Relacionadas