Home A Coruña A Cámara de Comercio de Santiago en colaboración co Centro Español de...

A Cámara de Comercio de Santiago en colaboración co Centro Español de Mediación organizará uhna xornada sobre a mediación coma outro xeito de resolver conflitos

- Anuncio -

• O pasado 2 de xaneiro, publicouse a Lei Orgánica 1/2025 que introduce importantes avances no ámbito da mediación. A Lei entrará en vigor o próximo 3 de abril.

• A xornada contará coa presenza do presidente do Centro Español de Mediación e ex Ministro de Xustiza, Rafael Catalá.

• O director xeral de Xus(za da Xunta de Galicia, José Tronchoni, abrirá o turno de intervencións coa ponencia, A estratexia galega de mediación.

A Cámara de Comercio de Santiago, en colaboración co Centro Español de Mediación, vai celebrar o próximo xoves, 30 de xaneiro, ás 12h na sede de Costa Vella a xornada “A mediación, outro xeito de resolver conflitos”, adicada a explorar o impacto da mediación na resolución de conflitos empresariais e a súa relación coa mellora da compe vidade nas empresas. O acto de apertura, correrá a cargo da presidenta da en dade cameral, María Pais e do presidente do Centro Español de Mediación e ex Ministro de Xustiza, Rafael Catalá.

A ponencia central será impar da polo director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, José Tronchoni, e centrarase na “Estratexia galega de mediación”. A continuación celebrarase a mesa redonda “Perspectivas de futuro e vantaxes da mediación no ámbito empresarial” e que contará con Elena Gómez-Segade González, avogada e mediadora do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago. Mediadora do Rexistro de Mediadores de Familia da Xunta de Galicia e docente coordinadora da materia de MASC no Máster da Avogacía-Procuradoría USC; Jose Antonio Fandiño, presidente do Consello Galego de Procuradores; Manuel Marquina Álvarez, maxistrado do Xulgado do Mercan l nº 1 de Pontevedra; Fátima Vázquez Espierrez, Notaria de Santa Comba. Representante da Fundación Notarial Signum; esta mesa redonda estará moderada por Fernando Cabello de los Cobos, Secretario do CEM.

LEI ORGÁNICA 1/2025 PUBLICADA O PASADO 2 DE XANEIRO

O pasado 2 de enero se publicouse a Lei Orgánica 1/2025 que entrará en vigor o próximo 3 de abril que establece que, antes de iniciar un procedemento xudicial no ámbito civil, exixirase, con carácter xeral acudir a algún medio adecuado de solución de controversias, como a mediación.

A Lei Orgánica, que busca aliviar a carga dos tribunais e fomentar a cultura da resolución pacífica de conflitos, suporá un reforzo da mediación como ferramenta máis rápida, económica e menos confronta va para a resolución extraxudicial de disputas.

A entrada en vigor desta Lei representa un paso significa vo para a modernización do sistema xudicial español, contribuido a unha xus za máis accesible e adaptada ás necesidades da sociedade.
“A MEDIACIÓN: OUTRA FORMA DE RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS” DATA: Xoves, 30 de xaneiro de 2025
HORA: 12:00 a 14:00h
LUGAR: Cámara de Comercio de Santiago de Compostela (Rúa República Checa, 40.) Inscrición: h?ps://www.camaracompostela.com/evento/inscripcion/la-mediacion-otra forma-de-resolucion-de-conflictos-y-potenciar-la-compe vidad-de-las-empresas/

Relacionadas

Volta de Gloria preséntase en FITUR como o primeiro itinerario turístico circular que enlaza...

0
Permite facer un percorrido circular de 300 km, con saída e chegada en Santiago, en 10 ou 15 días a través de dúas rutas...

O Concello pon en marcha unha oficina de asesoramento e xestión das subvencións para...

0
As entidades serán acompañadas durante o proceso por persoal da Concellaría de Cultura e Turismo e o IMCE O Concello da Coruña, a través da...

O Concello lanza unha enquisa cidadá para avanzar no Pacto Local por un Turismo...

0
A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, anunciou en rolda de prensa que a vindeira semana se activarán as enquisas á cidadanía sobre o impacto...

Máis de 2.600 persoas xa formalizaron a súa inscrición no medio maratón C21 e...

0
Este domingo 26 péchase o prazo ordinario, coa tarifa máis reducida. O último día habilitado para inscribirse na proba será o 4 de febreiro Avanza...

Inés Rey fai entrega a Ricardo F. Colmenero do LXXXIV Premio Pérez Lugín da...

0
“Este premio é unha ventá á reflexión constante, centrada no xornalismo pero con luces longas, moi necesarias nestes tempos acelerados”, sinalou a alcaldesa O xornalista...

Ponteceso inaugura a Casa do Maior do Couto

0
Ao acto asistiron o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Xunta de Galicia, Antón Acevedo, o alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato,...

Publicacións Relacionadas