Home A Coruña A cantante coruñesa Sés pechará os actos polo Día das Bibliotecas cun...

A cantante coruñesa Sés pechará os actos polo Día das Bibliotecas cun concerto no Ágora

- Anuncio -

Os diferentes centros da cidade celebrarán esta data tan especial do martes 19 ao domingo 24

A rede de Bibliotecas Municipais da Coruña celebrará durante esta semana o Día Internacional das Bibliotecas, que será o domingo 24. Este servizo municipal preparou diferentes actividades baixo o lema ‘As BMC acollemos realidades, facilitamos oportunidades’.

O obxectivo será o de visibilizar o importante papel que xogan estas entidades na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. A campaña comezará este martes 19 e consistirá nunha serie de accións comunicativas sobre estes obxectivos e a súa interrelación coas bibliotecas municipais. Nas redes sociais das Bibliotecas Municipais da Coruña poderanse seguir as ditas accións.

Os actos polo Día Internacional das Bibliotecas rematarán cun evento moi especial. Será un concerto da cantante coruñesa Sés, que se celebrará o domingo 24 de outubro ás 19.00 horas no centro Ágora. O reparto dos convites será nas propias bibliotecas desde a mañá do xoves 21. Unicamente haberá que identificarse como socia ou socio da rede municipal de bibliotecas para poder levar ata dúas invitacións
por persoa ou catro por familia. As entradas distribuiranse ata completar a capacidade do recinto.

Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña queren amosar a súa ledicia por volver celebrar un acto presencial como é o concerto de Sés. A cantante coruñesa conta cunha traxectoria ascendente e esgota entradas sempre que actúa na súa cidade natal. O seu inconfundible estilo supuxo unha auténtica revolución na música galega actual.

A rede de bibliotecas agarda que este tipo de actos contribúan a recuperar a vida normal e convida a todos os coruñeses e coruñesas e aos usuarios e usuarias das propias bibliotecas a seguir nas súas redes sociais esta campaña.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas