HomeA CoruñaA Carreira Popular Santa Uxía chega a súa vixésimo sexta edición o...

A Carreira Popular Santa Uxía chega a súa vixésimo sexta edición o vindeiro sábado 27

- Anuncio -spot_img

· As inscricións rematan o vindeiro mércores 24 de setembro ás 23.59 horas.

· A competición oferta un total de 15 categorías

No día de hoxe presentouse como cada setembro, unha nova edición dunha das probas con máis con soleira do panorama das carreiras populares da contorna: “XXVI Carreira Popular Santa Uxía – II Memorial Miguel Ruiz”.

Na presentación estiveron presentes, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, a presidenta da Asociación de Veciños de Carreira, Marivén Sampedro xunto a Javier Sampedro, técnico de Deportes do concello.
“Unha das probas deportivas máis importantes que temos no noso Concello e das máis lonxevas”, afirmou o concelleiro de Deportes que anunciou que a proba se desenvolverá o vindeiro sábado 27 de setembro na explanada do Malecón. Esta proba forma parte do circuíto provincial da Deputación da Coruña e tamén dos circuítos de carreiras de Barbanza Arousa no marco do Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo. Vidal destacou entre as 15 categorías, “a de [Zapatilla Inclusiva], onde participan persoas con diversidade o que simboliza un valor fundamental que é o compromiso coa inclusión e coa igualdade de oportunidades no deporte” .

Mantense o circuíto de anteriores edicións, “na categoría absoluta serán 10 quilómetros con saída no Mercado Municipal pasando pola meta do Malecón e facendo o xiro de cara a Coroso, este percorrido de 5 quilómetros se fará dúas veces para completar os 10. Haberá premios para o primeiro, segundo e terceiro clasificado tanto na categoría masculina coma feminina con 300, 150 e 90 euros respectivamente”.

Para rematar o concelleiro chamou á participación para que sexa “a festa do atletismo de Ribeira” e tamén dou os agradecementos e parabéns ao departamento de Deportes, á Policía local, G.A.E.M, á Asociación de Veciños de Carreira, “que sempre nos botan esa man para o perfecto desenvolvemento da proba”, ao Club de Atletismo de Ribeira e a Sport Bike.

Javier Sampedro informou que a categoría “Zapatilla Inclusiva” fará só unha volta de 5 quilómetros; para as categorías menores se montará un circuíto ad hoc no Malecón “que vai a estar totalmente pechado ao tráfico; e para a categoría dos máis pequenos (sub-6) farán unha recta de preto de 200 metros, as categorías, sub-8 farán; 500 metros, sub-10; 700 metros, sub-12; 1.400 metros e sub-14 e sub-16 farán 2.100 metros”.

Os corredores/as terán servizo de duchas unha vez rematada a proba no Complexo Deportivo da Fieiteira ou no Centro da Raqueta de Coroso, un servizo de garda roupa na Oficina de Turismo, avituallamento líquido intermedio no 10K e líquido e sólido ao final de tódalas carreiras. De cara a entrega de premios haberá –como vén sendo habitual– un sorteo de agasallos entre participantes e público.

Sampedro animou á participación así coma a compresión dos veciños polo corte do Malecón para o desenvolvemento das probas.

Inscricions
Os participantes na XXVI Carreira Popular de Santa Uxía – II Memorial Miguel Ruiz poderán realizar a súa inscrición na web www.carreirasgalegas.com e www.emesports.es, con data límite o mércores 24 de setembro ás 23.59 horas.

Prezos da inscrición:
– Categorias base (ata sub 16 incluído): Gratuita
– Proba absoluta (de sub 18 a master): 6,00 €
– Nesta proba abrirase un segundo e prazo final de inscrición ao Circuito de Carreiras Barbanza Arousa 2025.

Publicacións Relacionadas