A casa consistorial de Ribeira amosa o camiño da diabetes en formato de mostra

Redacción

 Preto dunha vintena de paneis integran a exposición

As actuais dependencias do Concello de Ribeira acollen a mostra A Orixe: a diabetes, un camiño de vida, promovida pola Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia), coa colaboración da Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e do Sar A Orixe.

Este proxecto busca amosar e sensibilizar sobre a realidade das persoas con diabetes e as súas familias dende ese punto de partida que representa o diagnóstico para retratar as diferentes etapas.

O concelleiro de Sanidade, Vicente Mariño, explica que a Administración local ribeirense decidiu apoiar esta iniciativa para “concienciar sobre unha realidade que vive un gran número da poboación baixo o formato de paneis que unen imaxe e texto para amosar o camiño que teñen que percorrer as persoas que padecen esta enfermidade tomando o camiño A Orixe como fío condutor.”

O fotógrafo Víctor Manuel Martínez, coñecido como Pichero, captou as instantáneas que van acompañadas de textos sobre distintos aspectos da vida con diabetes.

Comparte este artigo