Home A Coruña A Casa da Cultura de Lousame acolle ata o 30 de outubro...

A Casa da Cultura de Lousame acolle ata o 30 de outubro a mostra “Sempre con Lousame”, 30 óleos do veciño Juan Carlos Lorenzo

- Anuncio -

Recolle 26 paisaxes de Lousame porque “pinto o que me gusta e agora estou coa paisaxe. E fáltanme moitas porque Lousame é precioso”, asegura Juan Carlos Lorenzo

Juan Carlos Lorenzo Jamardo, pintor autodidacta e veciño de Tállara (Lousame), inaugurou na tarde de onte xoves a súa segunda exposición de pintura en Lousame, denominada “Sempre con Lousame”. Un acto no que estivo acompañado pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, á fronte de medio cento de veciños e veciñas, sobre todo integrantes do grupo de gaitas O Son do Pote e da Coral de Lousame, grupos nos que tamén participa Juan Carlos Lorenzo.

Teresa Villaverde destacou que “é un pintor autodidacta, que camiña do realismo ao impresionismo, e é un veciño moi activo: no Son do Pote, na Coral… Porque é importante que as persoas maiores se manteñan activas”. Ademais, anunciou que o Concello comprará un dos cadros: “o referente a Cernadas de Castro, cuxa figura estamos poñendo en valor dende Lousame e para o que seguiremos reclamando a celebración dun Día das Letras Galegas”.

Pola súa banda, Juan Carlos Lorenzo comentou que “dende pequeno sempre me gustou pintar, máis ben a carboncillo. A raíz do meu retiro, contactei cun veciño e comecei a pintar”. Así mesmo, explicou o seu proceso creativo: “vexo un sitio que me gusta, ´sácolle unha foto e, como me encanta pintar, dedícolle calquera hora que teño libre”. Prefire pintar na casa ca ao aire libre porque “síntome máis cómodo cando estou na casa, solo coas fotografías”.

Así, a mostra inaugurada onte na sala de exposicións da Casa da Cultura de Lousame recolle 30 óleos, dos que 24 son de paisaxes lousamiás e os outros catro son bodegóns e embarcacións, en lembranza do tempo que estivo embarcado. “Pinto o que me gusta. Agora estou con Lousame e a súa paisaxe. E fáltanme moitas porque Lousame é preciosa”. “Sempre con Lousame” poderá visitarse na Casa da Cultura lousamiá ata o vindeiro 30 de outubro.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas