HomeA CoruñaA Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá martes unha recepción cos...

A Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá martes unha recepción cos Reis Magos

- Anuncio -spot_img

As restricións sanitarias decretadas polo comité clínico da Consellería de Sanidade obrigaron ao Concello de Lousame a modificar a súa programación cultural para estes primeiros días de xaneiro. Así, ademais da suspensión das visitas en tren turístico para a rapazada, tamén se anulou a tradicional cabalgata de Reis polas parroquias.
No seu lugar, a Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá martes 5 de xaneiro unha recepción cos Reis Magos, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Para evitar aglomeracións de xente, o Concello de Lousame estableceu un sistema de reserva da entrada gratuíta para a recepción, ben a través de www.bandoticket.com ben a través do teléfono da Casa da Cultura. Deste xeito, cada veciño e veciña que desexe asistir puido reservar a hora que máis lle conviña.
As visitas realizaranse en grupos moi reducidos, de acordo ao aforo limitado que xa dispón o auditorio da Casa da Cultura e con paradas para a desinfección do lugar. Así mesmo, as persoas que asistan, tanto rapazada como persoas adultas, deberán usar máscara, manter a distancia de seguridade e desinfectar mans e calzado na entrada, onde se lles tomará a temperatura. En caso de febre, non poderán entrar no recinto.

Publicacións Relacionadas