HomeA CoruñaA CoruñaA Casa dos Xoguetes recolleu máis de 10.000 doazóns en apenas un...

A Casa dos Xoguetes recolleu máis de 10.000 doazóns en apenas un mes

- Anuncio -spot_img

O centro solidario pechou as súas actividades deste ano cun ciclo de obradoiros gratuítos ao que acudiron 117 nenos e nenas

A Casa dos Xoguetes pechou a súa última edición cun éxito rotundo de cifras, afianzándose, segundo os organizadores, como “un proxecto esencial de solidariedade e de economía circular na cidade”. Desde a súa apertura o pasado 1 de decembro no Espazo de Economía Circular da OMIC, miles de usuarios e usuarias acudiron tanto a facer doazóns como a recibir agasallos para os máis pequenos.

Segundo o balance final, recolléronse en total 10.112 xoguetes, incluíndo disfraces e libros, excedéndose días antes do final da campaña o obxectivo de máximos que se marcou.

Foron entregados 8.837 xoguetes no punto de recollida e distribución, e quedaron reservadas 1.275 unidades para a súa inminente doazón a entidades benéficas (que se completará durante esta primeira quincena de xaneiro).

Ademais da actividade de recollida e repartición de xoguetes, a sede tamén acolleu, o pasado 3 de xaneiro, varios obradoiros infantís gratuítos, lúdicos e divulgativos, como o de xardinería sostible ou a actuación dun contacontos. Ao longo da xornada, participaron 117 nenos e nenas nas distintas actividades.
“É todo un orgullo ver que a nosa cidade preocúpase e demostra, un ano máis, a súa solidariedade. No goberno de Inés Rey sempre actuamos coa idea de traer o cambio real en todos e cada un dos ámbitos, tamén no do Nadal. Ningún neno debería pasar as festas sen agasallos, por eles facemos todo isto”, explicou Diana Cabanas, Concelleira de Emprego, Comercio e Mercados.

Publicacións Relacionadas