HomeA CoruñaA cátedra Emalcsa-UDC celebra a xornada Inawa sobre investigación e desenvolvemento da...

A cátedra Emalcsa-UDC celebra a xornada Inawa sobre investigación e desenvolvemento da auga

- Anuncio -spot_img

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, participou na apertura e destacou o compromiso do Goberno de Inés Rey na busca de avances na xestión da auga e no coidado do medio

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, inaugurou hoxe xunto ao reitor da UDC, Ricardo Cao; o director de Augas de Galicia, Roi Fernández e a subdirectora do Centro Interdisciplinar de Química e Biología da UDC, María Isabel González, a xornada Inawa sobre investigación e desenvolvemento para a auga, o ambiente  as persoas.

Esta xornada supón unha nova etapa da cátedra Emalcsa-UDC, unha colaboración entre dúas institucións públicas que se remonta a 2017 e que dedica o seu traballo á investigación sobre a xestión e a calidade da auga que usamos os veciños e veciñas da Coruña. “Desde o Goberno de Inés Rey apostamos decididamente pola colaboración entre institucións co obxectivo de promover iniciativas e acadar logros que repercutan na cidadanía”, indicou Neira.

Neira destacou o respaldo do Concello, como accionista de Emalcsa, “a esta colaboración que converte á UDC no mellor aliado para avanzar en solucións de vangarda na xestión da auga que sirvan para mellorar a prestación o servizo aos cidadáns e, por tanto, aumentar o seu benestar”. A Cátedra Emalcsa-UDC supón para a Universidade da Coruña un referente de colaboración entre a academia, concello e a empresa, “sempre ao servizo da sociedade e do medio ambiente”, como subliñou o reitor, Ricardo Cao na inauguración da xornada.

Publicacións Relacionadas