HomeA CoruñaA CoruñaA Cea do Deporte recoñece a 16 persoas e entidades polos seus...

A Cea do Deporte recoñece a 16 persoas e entidades polos seus éxitos e a súa traxectoria

- Anuncio -spot_img

Inés Rey: “A Coruña non se entende sen deporte e sen as súas Escolas Deportivas Municipais, un programa pioneiro que non para de acadar éxitos”

O Palacio dos Deportes de Riazor acolleu esta noite a Cea do Deporte que organiza o Concello da Coruña. Esta tradicional celebración foi recuperada no ano 2022 polo Goberno de Inés Rey, sete anos despois de que deixara de convocarse. A alcaldesa presidiu o evento e dirixiu unhas palabras ao milleiro de persoas asistentes e que simboliza o fin da temporada deportiva para as Escolas Deportivas Municipais.
“A Coruña non se entende sen deporte e sen as súas Escolas Deportivas Municipais, un programa pioneiro que non para de acadar éxitos, con case 4.000 persoas inscritas, 250 grupos e 28 actividades”, sinalou Inés Rey. A rexedora foi a encargada de entregar os premios ás 16 persoas recoñecidas polos seus éxitos e traxectoria deportiva. “O deporte abre moitas portas e na Coruña gústanos tiralas abaixo, como fixeron este último ano moitos clubs, entidades e deportistas, levando A Coruña por bandeira e acadando importantes éxitos”, engadiu Rey.

A Cea do Deporte serve para poñer punto e final ao curso das Escolas Deportivas Municipais, que este ano contaron con case 4.000 persoas usuarias. Unha gran parte das persoas asistentes á cea forman parte deste tecido, que durante todo o ano leva a cabo diferentes actividades nas instalacións municipais.

Ademais, tamén participou no acto a Campioa Olímpica Sofia Toro, e o ex capitán do Real Club Deportivo, Fran González, que recolleu en nome do seu fillo o recoñecemento ao deportista destacado da tempada. Nico González foi elexido polo xurado pola súa grande tempada que o levou a ser fichado polo Manchester City. A deportista máis destacada foi Jimena Gayoso, que se desprazou á cidade para recoller o recoñecemento de mans da alcaldesa. Aos seus 23 anos a xogadora de voleibol é unha das grandes promesas deste deporte a nivel nacional, acadando esta tempada a Copa da Raíña e a Supercopa co Avarca de Menorca, ademais de acadar o MVP desta última competición. O seu gran ano valeulle para fichar por un equipo da Bundesliga.

Lista de persoas recoñecidas
● Nico González como deportista destacado na tempada 2024/2025
● Jimena Gayoso como deportista destacada na tempada 2024/2025
● Rosa Garcia como adestradora destacada na tempada 2024/2025
● Carlos Cortés como colexiado destacado na tempada 2024/2025
● Compañía de María Hockey Club como entidade destacada na promoción do deporte base na tempada 2024/2025
● 5 Coruña FS como entidade destacada na tempada 2024/2025
● Agrupación de Montañeros Independientes – AMI como entidade destacada na inclusión no deporte tempada 2024/2025
● Enmanuel Reyes como recoñecemento á súa traxectoria deportiva.
● Jacobo Copa como deportista promesa destacado na tempada 2024/2025.
● José Carlos Tuñas como recoñecemento ó traballo feito durante toda unha vida polo atletismo coruñés.
● Club Instituto Zalaeta Voleibol en recoñecemento ó seu traballo no fomento do deporte no seu 50 aniversario.
● OAR Ciudad 1952 como club destacado na tempada 2024/2025
● Atlético Coruña Montañeros como club destacado na tempada 2024/2025
● O Concello da Coruña ó Club do Mar de San Amaro en recoñecemento ó seu traballo no fomento do deporte no seu 90 aniversario.
● Almudena Quereda como deportista paralímpica destacada na tempada 2024/2025
● Dani Souto en recoñecemento ó seu traballo na iniciativa Muy Capacitados de deporte adaptado.
● Dorinda Dominguez Pernas en recoñecemento polo seu compañeirismo, solidaridade, compromiso e amplia traxectoria nas Escolas Deportivas Municipais da Coruña.
● Maria Dolores Fernandez Fernandez en recoñecemento a súa participación, responsabilidade, altruismo e entrega nas Escolas Deportivas Municipais nas Escolas Deportivas Municipais da Coruña.

Publicacións Relacionadas