Home A Coruña A CMAT acompaña ás empresas da Costa da Morte ‘O Semáforo’ de...

A CMAT acompaña ás empresas da Costa da Morte ‘O Semáforo’ de Fisterra e ‘Albergue Et Suseia’ de Muxía na entrega do distintivo Q de Calidade Turística

- Anuncio -

Os repesentantes de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) Mónica Rodríguez, Xosé Regueira o Pepe Formoso respaldaron coa súa presencia aos representantes dos dous establecementos do xeodestino no acto de entrega dunha acreditación que recoñece a excelencia na xestión turística

“Estamos orgullosos do noso sector turístico”, destaca Mónica Rodríguez

Unha representación de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), encabezada pola súa presidenta Mónica Rodríguez, acompañóu aos representantes das empresas O Semáforo de Fisterra e Albergue Et Suseia de Quitáns (no Concello de Muxía) no acto de entrega do recoñecemento e distintito Q de Calidade Turística, unha acreditación que outorga o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). A CMAT tamén estivo representada neste acto de entrega presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e celebrado este fin de semana na Finca Montesqueiro de Oleiros por Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, e por Pepe Formoso, empresario e presidente da Asociación Profesional de Turismo da Costa da Morte (APTCM).

O hotel O Semáforo de Fisterra, localizado no mismísimo Faro de Fisterra, é un establecemento delicatessen con encanto que conta con cinco exclusivas habitacións e vistas infinitas nun lugar privilexiado. Pola súa banda, Albergue Et Suseia, ubicado na localidade de Quintáns, a pouco máis de dous quilómetros de Muxía, é un establecemento destinado ao peregrino, ao que lle ofrece un servizo de calidade. As dúas iniciativas empresariais foron merecedoras no 2021 do distintivo Q de Calidade Turística, un marchamo identificado coa calidade na xestión turística.

“Non quixemos deixar pasar a oportunidade de apoiar coa nosa presencia a estas dúas empresas da Costa da Morte”, destacou Mónica Rodríguez, presidenta da CMAT, quen sinala que a concesión dos distintivos Q de Calidade Turística “reafirma que a Costa da Morte ofrece unha diversidade de servizos turísticos de constratada calidade e profesionalidade para todo aquel que queira coñecer e achegarse ao xeodestino”. “Estamos orgullosos do compromiso de todos os axentes que integran o sector da Costa a Morte para continuar facendo desta zona un destino de referencia no eido turístico”, apuntou Mónica Rodríguez, quen felicitou ás dúas empresas e a todas as que día a día fan da Costa da Morte “un lugar único”.

Galicia conta con máis de 300 acreditacións Q de Calidade Turística, situándose no liderado desta marca que recoñece a excelencia na xestión turística. É a segunda comunidade autónoma, só por detrás de Andalucía con máis certificación. O Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) entregou no 2021 un total 31 novos distintivos, dos que dous corresponderon a empresas ubicadas na Costa da Morte: O Semáforo de Fisterra e Albergue Et Suseia de Quitáns (Muxía).

Relacionadas

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover...

0
O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover o autoconsumo eléctrico e estudar a creación dun fondo de...

Publicacións Relacionadas