Home A Coruña A CMAT lanza a campaña #CostaDaMorteEnFamilia para apostar pola desestacionalización turística e...

A CMAT lanza a campaña #CostaDaMorteEnFamilia para apostar pola desestacionalización turística e incentivar as visitas de familias no outono e inverno

- Anuncio -

A blogueira @uxiaviaxeiragarcia percorreu o destino esta fin de semana, xunto á súa familia, e pronto darán a coñecer a experiencia nas súas redes sociais, con arredor de 17.000 seguidores

Comeza o mes de outubro de 2023 e Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) pon en marcha a campaña #CostaDaMorteEnFamilia, unha iniciativa que pretende desestacionalizar o turismo e incentivar e fomentar as visitas ao destino de grupos e familias nas fins de semana ou pontes festivas durante os meses do outono e do inverno.

“Os dezasete concellos que integran o xeodestino contan cunha oferta turística diversificada, de calidade e sostible que permite poñer en valor os nosos recursos naturais e culturais, o noso patrimonio”, destaca Manuel Muíño, presidente da CMAT e alcalde de Zas. Salienta, tamén, que a campaña #CostaDaMorteEnFamilia “é un proxecto iniciado hai anos e con moi bos resultados, que pretende atraer o turismo familiar de proximidade ao noso territorio, á marxe do verán”.

Familia viaxeira

#CostaDaMorteEnFamilia comezou esta fin de semana coa chegada da familia @uxiaviaxeiragarcia, integrada pola nai Uxía, o pai Marco e as fillas Mara, de seis anos, e Martina, de oito. Nas súas redes sociais contan con máis de 17.000 seguidores. Pronto darán a coñecer nas súas canles os momentos máis destacados da súa experiencia no territorio. Visitaron os concellos da Laracha, Coristanco, Vimianzo, Camariñas, Malpica e Mazaricos.

Da man de Costa da Morte Asociación Turística, que preparou o circuíto en coordinación cos equipos técnicos dos concellos implicados, a familia @uxiaviaxeiragarcia iniciou o seu percorrido o sábado 7 de setembro. Pola mañá, gozaron dun paseo pola vila de Caión e as súas praias. En Malpica, percorreron a ruta que separa a praia de Seaia do miradoiro situado no Cabo de Santo Hadrián. Ese día, pola tarde, o grupo visitou o Refuxio de Verdes, en Coristanco, á beira do río Anllóns, para continuar co itinerario pola Ruta dos Naufraxios, en Camariñas. Rematou o día cun solpor no Faro Vilán. Os catro membros da familia @uxiaviaxeiragarcia aproveitaron o domingo 8 para pasear pola vila de Camariñas e visitar o Castelo de Vimianzo. Xa pola tarde, ante de rematar a súa viaxe, tiveron tempo para coñecer a ruta das fervenzas de Mazaricos.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas