Home A Coruña A comaraca clama pola eliminación da Violencia Contra a Muller na IX...

A comaraca clama pola eliminación da Violencia Contra a Muller na IX Andaina do Consorcio As Mariñas celebrada en Betanzos

- Anuncio -

• A marcha percorreu 4 quilómetros polo núcleo e concluíu coa lectura dun manifesto conxunto dos oito concellos.

O Consorcio As Mariñas celebrou hoxe sábado 26 en Betanzos o seu IX Andaina contra a violencia de xénero, unha iniciativa xa consolidada que se enmarca dentro dos actos organizados para conmemorar o 25N, Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller.

Decenas de persoas animáronse a participar na marcha, que levou a cabo este ano en Betanzos. Consistiu nun roteiro circular, de 4 quilómetros, con saída e chegada no Edificio Liceo, pasando por diferentes rúas e lugares do municipio. Todos os asistentes recibiron un paraugas e unha botella de auga.

Na iniciativa participaron representantes políticos das distintas corporacións que compoñen o Consorcio As Mariñas. Acudiron á mesma o presidente do Consorcio, José Antonio Santiso; a vicepresidenta e alcaldesa de Betanzos, María Barral; a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez; o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño; o de Carral, Javier Gestal; e diferentes edís e persoal técnico dos Concellos.

Ao seu termo, na aula de Cultura do Edificio Liceo, desenvolveuse o acto conmemorativo, coa lectura dun manifesto conxunto dos 8 municipios e unha actuación como broche final.

Relacionadas

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Charlín lamenta que a oposición trate de enganar á veciñanza e sinala que as...

0
• O alcalde laxense lamentou as acusacións vertidas desde o BNG de maneira “completamente inxustificada, sen probas e con datos falsos e desactualizados” • “Os...

As brigadas medioambientais municipais actúan no Castro de Montes Claros

0
Nos espazos que foron obxecto de escavacións intervirase baixo supervisión arqueolóxica. O Concello continúa levando a cabo actuacións que teñen por obxectivo conservar e poñer...

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas...

0
· Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño. O Concello de Camariñas dará comezo este...

Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

0
O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas....

Publicacións Relacionadas