Free Porn
xbporn
Home A Coruña A Comisión Coruña Marítima decide convocar un concurso internacional para elaborar o...

A Comisión Coruña Marítima decide convocar un concurso internacional para elaborar o deseño global que definirá a transformación dos espazos portuarios

- Anuncio -

O órgano que dirixirá o futuro deseño dos peiraos urbanos celebrou hoxe a súa primeira reunión, nun clima de diálogo e entendemento

A Comisión Coruña Marítima celebrou esta mañá a súa primeira reunión, presidida pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, na sede da Autoridade Portuaria, coa asistencia dos representantes das seis administracións involucradas no proxecto e dos grupos políticos municipais.

No encontro aprobáronse as liñas de traballo para os próximos meses, cun calendario das próximas reunións da Comisión e do Comité Técnico que lle dará soporte.

Así, acordouse convocar un concurso internacional multidisciplinar, para definir o deseño global que rexerá a transformación dos espazos portuarios. Este deseño abarcará todo o ámbito do porto coruñés e terá en conta os requirimentos e necesidades que expoña cada Administración, así como as achegas que se desprendan do Foro Coruña Marítima, que celebrará a súa primeira reunión a principios de 2025 e contará coa participación de colectivos e axentes sociais relevantes da cidade.
Prevese contar cos pregos técnicos deste concurso internacional nos próximos meses, para poder levar a cabo a licitación.

A Comisión Coruña Marítima manterá a súa segunda reunión no mes de outubro. Incorporaranse á Comisión, con voz pero sen voto, o director da Autoridade Portuaria, Juan Diego Pérez Freire, e a directora técnica do Plan Estratéxico da Coruña 2030- 2050, Isabel Pardo de Vera. Con anterioridade, en setembro, celebrará o seu primeiro encontro o Comité Técnico, que se reunirá mensualmente.
A reunión da Comisión Coruña Marítima celebrouse hoxe nun clima de diálogo e entendemento entre todos os representantes das administracións e os grupos políticos.

Inés Rey: “Este proxecto será un modelo de xestión e cooperación”

A alcaldesa e presidenta da Comisión Coruña Marítima valorou ao finalizar a reunión o bo clima e o entendemento entre as distintas administracións. “A nosa vontade de avanzar no deseño da fachada marítima con pasos firmes queda de manifesto en que hoxe tamén aprobamos as liñas básicas da folla de ruta dos traballos para desenvolver nos próximos meses acordando tamén unha planificación gradual de curto, medio e

longo prazo”, apuntou. Este acordo acádase tras a sinatura o pasado 22 de maio en María Pita dun protocolo de colaboración no que estiveron presentes todas as administracións implicadas: Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, ADIF, Puertos del Estado e Autoridade Portuaria.
“Estamos ante unha oportunidade histórica para a cidade que non desaproveitaremos, xa que por primeira vez en vinte anos se dan as condicións para que poidamos avanzar con pasos firmes e rigorosos desde a colaboración institucional e coa participación de toda a cidade”, apuntou Inés Rey. “Estamos determinados a situar a cidade á vangarda mediante o desenvolvemento dun proxecto que será un modelo de xestión e de cooperación interadministrativa”, engadiu.

Relacionadas

O Concello instalará Puntos Violetas nas festas de Santa Cruz

0
Con motivo da celebración desde mañá das festas de Santa Cruz, o Concello instalará Puntos Violetas as noites do venres, sábado, domingo, luns e...

O Concello de Frades leva rozadas máis de 400 quilómetros de estradas este ano

0
Dous tractores traballan para rematar a roza de 120 quilómetros de pistas de monte a mediados de setembro O Concello de Frades vén de rematar...

A Ría de Muros Noia énchese de estrelas

0
Gran éxito da campaña “Selfie Estrela”, na que as oficinas de turismo están a repartir este verán 5.000 estrelas troqueladas entre os visitantes para...

Ribeira reforza a limpeza tralos eventos e festexos

0
O Concello de Ribeira, no seu compromiso pola constante mellora na salubridade, decoro e limpeza dos espazos públicos, vai realizar traballos de limpeza en...

Diana Navarro e a Orquestra Xoven da Sinfónica de  Galicia pechan este xoves as...

0
O concerto, de entrada libre, comezará ás 21.00 horas  Tras tres intensas semanas cunha ampla e variada oferta  musical, a Orquestra Xoven da Sinfónica de...

Aberto o prazo de inscrición no programa Lecer Educativo nos centros públicos da Coruña...

0
As persoas interesadas poderán apuntarse nos plans municipais de actividades para nenos e nenas ata o 3 e 15 de setembro O Concello da Coruña...

Publicacións Relacionadas