HomeA CoruñaA comunidade educativa de Cambre sen participación

A comunidade educativa de Cambre sen participación

- Anuncio -spot_img

Alternativa dos Veciños esixiu a inicio de curso a convocatoria urxente do Consello Escolar Municipal de Cambre (CEMC) dadas as diferentes problemáticas que xurdiron nos diferentes centros educativos.

Escaseza de profesorado de apoio ao alumnando con necesidades educativas especiais no CEIP Torrente Ballester, diversas problemáticas co transporte ou o peche do pabillón do Graxal foron algunhas das incidencias que salpicaron os pasados meses o tecido educativo de cambre.

Nin o actual goberno, nin os anteriores (UxC e PSOE), apostan por facer funcionar o CEMC, que se trata do órgano de participación que sirve como instrumento para contribuír a unha cohesión entre os diferentes pilares do tecido escolar para impulsar solucións conxuntas a diferentes problemáticas, facer consultas ou promover accións conxuntas para enriquecer a vida educativa.

Parece que non hai interese por aunar ao persoal das direccións dos centros escolares, sindicatos do profesorado, representantes do alumnado, ANPAS, asociacións veciñais e membros dos diferentes grupos da corporación municipal.

Pero dende Alternativa continuamos a impulsar a convocatoria do CEMC, porque cremos que é unha ferramenta para mellorar e impulsar solucións, pero tamén previr diferentes problemáticas no eido da educación.

Publicacións Relacionadas