HomeA CoruñaA Concellaría de Promoción Económica e Turismo impulsa o programa C4S para...

A Concellaría de Promoción Económica e Turismo impulsa o programa C4S para fortalecer os negocios turísticos locais

- Anuncio -spot_img

O Concello de Carballo presenta o novo programa gratuíto C4S – Carballo pola Sostibilidade, unha iniciativa que busca facilitar e impulsar a integración da sostibilidade como factor diferencial e competitivo do turismo local. “Co Programa C4S _explica o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, queremos que a sostibilidade se converta nun selo de identidade dos nosos negocios turísticos. Nun momento no que Galicia ten a potencialidade de ser un refuxio da crise climática, e a nosa vila conta cun crecente atractivo polo seu patrimonio natural costeiro e o desenvolvemento do turismo activo, é preciso promover modelos que protexan e poñan en valor a riqueza do noso territorio, impulsando unha oferta turística que se traduza en impacto local positivo xerando emprego, diversificación económica e benestar”.

O programa consta de 3 fases:

1.- Evento de presentación C4S: Turismo de Impacto Positivo

Xoves 25 de setembro de 2025 | Sala Cervantes | 17.30 h

C4S arranca cunha xornada aberta de presentació, na que se abordarán os conceptos clave da sostibilidade e a relevancia no sector turístico e se coñecerá a experiencia dunha empresa referente do territorio na integración da sostibilidade como Abeiro da Loba, casa rural localizada na Reservada de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, da man do seu xerente Alejando Sánchez.

2.- Programa de impulso á sostibilidade no turismo C4S 

O programa inclúe formación e mentorización para 10 empresas turísticas do Concello, combinando formación presencial colectiva e apoio individualizado:

  • Formación de 5 horas divididas en 4 sesións entre outubro en novembro  nas que se profundará en conceptos chave da sostibilidade vencellados ao turismo, nas dimensións ambiental e social e a integración na organización, cun  carácter práctico e dinámico, facilitando ferramentas acaídas para os negocios participantes e proporcionando exemplos e casos de éxito.
  • Mentorización individualizada, na que cada negocio contará cunha diagnose, asesoramento técnico e un informe final cos resultados e una batería de recomendacións.

3.- Obradoiro de Cocreación

Xornada de ideación de futuros proxectos cos que dar continuidade ao programa coa participación de axentes locais e expertos.

Os obxectivos do Concello de Carballo á hora de impulsar o programa con, en primeiro lugar, apoiar á hostalaría, aloxamentos e turismo activo na adopción de medidas sostibles que aportarán á redución de custes, mellora do seu atractivo comercial, anticipación á normativa e oportunidade de desenvolver novas liñas de negocio; pero ademais pretendemos sensibilizar sobre o impacto e as oportunidades do turismo sostible nos negocios do sector, sentar as bases dunha rede de negocios comprometidos coa sostibilidade en Carballo, crear un espazo de diálogo entre os axentes do sector e reforzar a imaxe de Carballo como destino turístico sostible e de calidade, atractivo para un visitante máis concienciado.

As persoas interesadas en asistir ao evento de presentación poden inscribirse aquí.

Link:

https://forms.gle/i3F2aKG82dzDpsZS8

QR:

As empresas que queiran participar no programa de formación e mentorización poden consultar os detalles e inscribise do 25 de setembro ao 9 de outubro aquí.

Link:

https://forms.gle/YzVgDRpgsaR5d9H5A

QR:

Para solicitar máis información sobre este programa, pode poñerse en contacto no número de teléfono 698170240 ou no correo electrónico c4scarballo@gmail.com

Publicacións Relacionadas