Lage Tuñas defende a necesidade dun plan de rescate á hostalaría por parte da Xunta
O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage, convocou esta mañá ao sector da hostalaría e do comercio para escoitar as súas propostas e demandas de cara á elaboración do novo Plan de Reactivación Económica e Social, PRESCO 2021.
Na reunión, en que tamén estiveron presentes as e os voceiros de todos os grupos
municipais, as persoas representantes dos sectores máis afectados pola crise
económica derivada da COVID, isto é, do comercio e a hostalaría, fixeron balance
sobre o funcionamento das diferentes liñas do PRESCO e puxeron de manifesto as
liñas de actuación que, na súa opinión, debería conter o novo plan.
Nota de Prensa
O sector hostaleiro representado na reunión por Héctor Cañete, da Asociación
Provincial de Hostalería, e por Xabier Barral, da Plataforma Shostalería, demandou
o mantemento das axudas económicas para o pago da cota de autónomos, da
seguridade social e dos alugueiros solicitando unha maior axilidade na súa
tramitación.
Pola súa banda, o sector comercial, que tamén valorou positivamente a renovación
das axudas económicas directas, puxo en valor o bo funcionamento dos bonos
PRESCO solicitando a súa continuidade en 2021. Jose Luis Boado, da FUCC, e
Miguel Agromayor, da Federación Provincial de Comercio, puxeron en valor uns
bonos que conseguiron mobilizar en cinco meses as vendas no pequeno comercio
da cidade por valor de 3.599.544 euros a pesar das restricións á hostalaría.
O concelleiro de Economía, José Manuel Lage, manifestou a vontade da alcaldesa,
Inés Rey, de seguir estando preto dos sectores que máis están sufrindo a crise e de
continuar reclamando á Xunta de Galicia a posta en marcha de medidas
extraordinarias para o sector hostaleiro por ser a administración competente nesta
materia. Reiterou a vontade de seguir mantendo a máxima colaboración do Concello
co SERGAS na aplicación das medidas que se estimen oportunas, pero reiterou a
necesidade de que se poña en marcha un Plan de Rescate á Hostalaría.
Lage amosou tamén a disposición do Goberno local de manter unha canle de
comunicación aberta con estes sectores para recoller as súas propostas e
animoulles a que enviaran as súas ideas concretas ao longo deste mes para poder
telas en conta na elaboración do novo PRESCO.