Home A Coruña A conferencia do enxeñeiro naval e oceánico Raúl Villa Caro abre a...

A conferencia do enxeñeiro naval e oceánico Raúl Villa Caro abre a segunda edición do ciclo Contandociencia

- Anuncio -

Organizado pola Biblioteca “O Segrel do Penedo” do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino do Concello de Fene, volve Contandociencia, un programa que botou andar o curso pasado e que retoma a súa actividade co obxectivo de achegar a ciencia á poboación en xeral. Aberto ao público en xeral, todas as conferencias terán lugar na Casa da Cultura, un xoves ao mes (agás en xaneiro e maio que serán un martes) e sempre ás 19:30 con entrada gratuíta.

O ciclo principiará o vindeiro xoves 22 de setembro co relatorio “A tecnoloxía na botadura: 50 anos do Arteaga” que correrá a cargo do enxeñeiro naval e oceánico Raúl Villa Caro. Licenciado en Mariña Civil (sección náutica) pola Universidade do País Vasco, capitán da mariña mercante, enxeñeiro técnico naval, enxeñeiro naval e oceánico, doutor en enxeñería naval e oceánica, Raúl Villa Caro é profesor asociado da Universidade da Coruña e imparte docencia na Escola Politécnica Superior e na Facultade de Ciencias do Traballo. A maiores da súa actividade docente e investigadora, reflectida en 150 publicacións repartidas entre libros, artigos en revistas científicas e relatorios en congresos, exerce a súa actividade profesional na Ingeniería de Construcciones de Buques (Arsenal de Ferrol) como xefe de enxeñería de plataforma.

O ciclo Contandociencia proseguirá atendendo ao seguinte calendario e programa:
 20 de outubro, Manuel Collado Rodríguez, investigador do SERGAS no Hospital Clínico de Santiago de Compostela onde dirixe o grupo de “Senescencia celular, cancro e avellentamento”. Tema “Na procura da fonte da xuventude”.

Doutor pola UAM, realizou estadas posdoutorais no Ludwig Institute for Cancer Reseach de Londres, na NYU Medical School e no Memorial Sloan Kettering Center de New York.

Autor de numerosos artigos de investigación en revistas científicas de alto impacto, o seu labor científico desenvolveuse fundamentalmente na área do cancro e en particular en mecanismos de supresión tumoral, fundamentalmente no proceso de sencescencia tumoral. Recentemente o seu traballo trata de entender a implicación de células nai adultas en cancro e avellentamento.

 17 de novembro, José Edelstein, profesor de física teórica na USC, investigador e divulgador científico. Tema “Buratos negros”.
Profesor de física teórica na Universidade de Santiago e investigador do Instituto Galego de Física e altas enerxías é autor de numerosos artigos científicos e de libros de identificación cientítica. Co-autor, xunto con Andrés Gomberoff, do libro “Einstein para perplejos” co que obtiveron o Premio Prismas 2019.

 1 de decembro, Sulay Tovar Carro, investigadora do Ramón y Cajal e do CIMUS.
Tema “Metabolismo, obesidade e outras cuestións”.
Doutora en bioloxía pola UDC. Desenvolveu o seu labor investigador con estadías en Institute for Genetics. University of Cologne (Colonia, Germany); Genome Research Institute, Obesity Research Center University of Cincinatti (USA) e Universidade de Córdoba. Membro da Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición e da Sociedade Galega de Endocrinoloxía e Nutrición.
Autora de numerosos artigos en revistas científicas e relatorios en congresos estatais e internacionais. Premio Roche Farma 2005 e 2006; Premio Sergio Vidal 2006, Premio de Investigacións da Academia Médico-Quirúxica.

 17 de xaneiro (martes), Ángel Caracedo, doutor en medicina pola USC e catedrático de medicina legal nesa mesma universidade. Tema: “A medicina xenómica”.
Director do Instituto de Medicina Legal entre 1994 e 2012, actualmente dirixe a Funcación Pública de Medicina Xenómica e o Centro Nacional de xeneotipadoISCII. Coordina o grupo de Medicina Xenómica UAC é e exefe de grupo do Centro de Investigación Biomédica na Rede de Enfermidades Raras e a área de Xenética e Bioloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.
Lider mundial en xenética forense e de referencia en xenómica comparada e de poboacións. Premio Nacional de Xenética (2015); medalla de Galicia (2011); Premio Rey Jaime I á Investigación Médica; Medalla Castelao (2006), Medalla Adelaida e Premio Fernández Latorre (2011).

 9 de febreiro, Carmen García Jares, doutora en Farmacia e catedrática de Química Analítica na USC. Tema: “Seguridade dos produtos cosméticos”.
Realizou a súa formación postdoutoral no Institut d’Oenologie-Diréction Générale de la Concurrence, de la Consommation et de la Représsion des Fraudesm (DGCCRF, Ministère de Finances, Bordeaux, Francia).

Ao longo da súa traxectoria investigadora seguiu varias liñas de traballo: 1- a caracterización de produtos naturais (destacando a uva e o viño) e os subproductos derivados da súa transformación, para mellorar a calidade do produto e atopar novas aplicacións para a valorización dos residuos. 2- enfocada ao control ambiental, achegando metodoloxías máis simples e limpas para a análise de contaminantes prioritarios e emerxentes, e os subprodutos da súa degradación,. 3- centrouse no desenvolvemento de metodoloxías para o control analítico e a seguridade dos produtos de consumo e de coidado persoal, tendo en conta tamén os seus produtos de degradación.

Desde 2010 é coordinadora do Grupo de Investigación LIDSA (Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento de Solucións Analíticas) da USC. Membro do Comité Editorial da revista Cosmetics, recentemente editou un volume especial dedicado ás tendencias no desenvolvemento de produtos cosméticos e á problemática do seu control analítico. É membro da Sociedade Española de Química Analítica, da Sociedade Española de Cromatografía e Técnicas Afíns e da Sociedade Española de Espectrometría de Masas. É membro da Asociación Española de Normalización, e participa activamente no Comité Técnico sobre conservantes e antioxidantes de cosméticos.

 9 de marzo, Fran Canosa, doutor en Xeoloxía e director científico do proxecto Xeoparque do Cabo Ortegal. Tema: “Galicia, un paraíso xeolóxico”. Docente na Universidade de Oviedo durante 2 anos. Máster en recursos xeolóxicos e xeotécnia. Ampla experiencia investigadora na Universidade de Salamanca e Oviedo. Estadía de investigación na Université Henri Poincaré de Nancy (Francia). Promotor e guía das XeoRutas en máis de 10 concellos de Galicia. Dende o 2013 organiza ca SGE (Sociedad Geológica de España) o “Geolodía” nalgunha das catro provincias galegas. Docente dos cursos anuais da AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) en Galicia. Docente colaborador dos sete CFR (Centros de Formación e Recursos) e o CAFI da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Creador do programa educativo “Descubrindo as rochas que pisas”, impartido en máis de 100 centros de ensino de Galicia. Autor de varias publicacións de divulgación de xeoloxía, pero tamén de investigación en revistas científicas internacionais.

 20 de abril, Bea Hervella, meteoróloga e divulgadora científica. Tema: “Cambio climático en Galicia”.
Traballou para MeteoGalicia e a CRTVG. Colaborou con El CorreoTV e 4gotas. Na actualidade traballa na Axencia Estatal de Metereoloxía.
 9 de maio (martes), María Canosa. Enxeñeira de camiños, canais e portos e escritora. Tema: “Máis vale mañá que forza”.
Traballou como enxeñeira e foi Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. Dende o seus inicios compaxinou o seu traballo como enxeñeira coa súa faceta de escritora así como la de guionista de distint s programas de la TVG. De algunhas das súas obras se fixeron adaptacións teatrais.
Colabora como articulista en La Voz de Galicia , foi contertulia de varios programas da Radio galega e Radio voz e presentadora do programa concurso de Coma un allo. Como escritora destaca sobre todo na literatura infantil e xuvenil, pero ten libros de narrativa, ensaio, divulgación, poesía. Ven acumulando premios dende o ano 1986, destacamos os últimos: Premio Merlín 2017 por Muriel; Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia 2022 por Travesía Unicornio. -Mellor obra de Divulgación en los Premios Follas Novas 2022 por H2… Oh!!!. -XIII Premio Rosalía de Castro de Lingua 2022.
O perfil do seu twitter encaixa perfectamente con ela: é unha muller que está entre a mazá de Newton e a de Brancaneves!

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas