HomeA CoruñaA corporación municipal abordará no pleno de outubro os cambios derivados do...

A corporación municipal abordará no pleno de outubro os cambios derivados do relevo na Alcaldía e da toma de posesión do novo concelleiro Daniel Barreiro Quintáns

- Anuncio -spot_img

O luns 27 de outubro celebrarase a primeira sesión plenaria ordinaria tras o relevo na Alcaldía, e precisamente como consecuencia deste cambio será preciso adoptar varios acordos.

Por unha banda procederase á modificación dos representantes da corporación en órganos colexiados, de xeito que o alcalde, Daniel Pérez López, presidirá o Consello Deportivo Municipal, a mesa de negociación, a Xunta Local de Seguridade e o Consello Escolar Municipal e representará o Concello de Carballo no Eixo Atlántico. Pola súa banda, Daniel Barreiro Quintáns, que asume as delegacións de Deportes, Mocidade e Captación de recursos, representará o BNG no Consello Deportivo Municipal e no consello escolar do CPR Artai.

Por outra banda, a corporación aprobará o réxime de dedicación exclusiva do alcalde e do concelleiro Daniel Barreiro, que percibirán 50.500 e 42.957,74 euros brutos anuais, respectivamente, por unha dedicación do 100% da xornada.

O propio alcalde, Daniel Pérez, e as concelleiras de Facenda, Belén Lendoiro, e Servizos Sociais e Igualdade, Maica Ures, deron conta destes e do resto dos asuntos que integran a orde do día da sesión, entre eles a aprobación da primeira fase do POS Adicional 4/2025. Ao Concello de Carballo correspóndenlle 614.156,29 euros, pero nesta primeira fase unicamente se inclúen 314.568,83 euros para gasto corrente. A cantidade restante destinarase a investimentos, que serán aprobados no pleno de novembro.

Maica Ures tamén explicou polo miúdo a nova ordenanza reguladora dos servizos e dos prezos do programa Concilia, que será aprobada de xeito inicial. O obxectivo, tal como explicou, é flexibilizar e mellorar o servizo para adaptalo ás necesidades das familias actuais, ademais de actualizar as taxas por primeira vez desde o ano 2013.

Tamén se incluirá na sesión, aínda que non figura na orde do día, unha moción presentada polo PP sobre o financiamento da lei ELA.

Publicacións Relacionadas