Home A Coruña A corporación municipal deixou sobre a mesa a proposta de Costas do...

A corporación municipal deixou sobre a mesa a proposta de Costas do Estado para actuar en Razo e Baldaio

- Anuncio -

O PP votou en contra de solicitar á Consellería de Educación que asuma a xestión e o custo do Conservatorio Profesional de Música

A corporación municipal deixou sobre a mesa a proposta da Demarcación de Costas para que o Concello de Carballo asuma o mantemento das actuacións incluídas no proxecto de loita contra a erosión na costa. O alcalde, Evencio Ferrero, optou por adiar o acordo despois de que tanto o PSOE coma o PP expresasen o seu rexeitamento ás obras previstas, e á espera de volver contactar coa Demarcación de Costas para intentar solucionar a situación na que quedaría o campo de fútbol.

O proxecto de Costas inclúe as seguintes actuacións:

• Baldaio: colocación de pilotes con corda para evitar o paso peonil ao sistema de dunas e apertura dun novo sendeiro para evitar danar a cuberta vexetal, peche do resto das sendas para evitar o tránsito peonil polo sistema de dunas, revexetación das zonas máis degradadas plantando especies de dunas e captadores de area e colocación de cartelaría informativa.

• Razo: colocación de dúas pasarelas de madeira, con varandas nos treitos necesarios; demolición da antiga pasarela de madeira, que está en mal estado, así coma das duchas situadas na area, demolición do cerramento do campo de fútbol; colocación de peches de pilotes con corda para evitar o paso ao sistema de dunas e apertura de novos sendeiros alternativos, retirada do antigo peche de pilotes con corda polo seu deterioro e reparación da pasarela de madeira nas zonas máis danadas.

O debate plenario centrouse exclusivamente no campo de fútbol, unha infraestrutura abocada á desaparición desde hai anos, e que tras a retirada do peche perimetral non podería usarse para competicións oficiais. O goberno municipal ten o compromiso de buscar unha alternativa para os equipos que o utilizan, que estiveron representados no salón de sesións, á espera da construción dun novo campo, como está previsto no plan especial de Razo.

Outros acordos

A corporación municipal aprobou por unanimidade o POS+2025, que inclúe os proxectos de mellora da accesibilidade na AC-414 ao seu paso por Xoane cun orzamento de 146.087,85 euros, cumprindo deste xeito o compromiso acadado coa Xunta de Galicia a raíz da obra de mellora da estrada; o saneamento na vía da Feira de Verdillo á Brea, por 120.496,60 euros, e, dentro do plan complementario, a mellora da pavimentación en Aldemunde, por 237.287,66 euros.

Tamén foi unánime o acordo sobre a participación da empresa concesionaria do ciclo integral da auga, Gestagua, nunha convocatoria da Secretaría de Estado de Medio Ambiente para proxectos de mellora da eficiencia das instalacións de abastecemento e saneamento.
Aos temas incluídos na convocatoria engadiuse unha moción do PSOE sobre o Conservatorio Profesional de Música, un servizo supracomarcal cuxo custo é asumido case integramente polo Concello de Carballo.

Os gastos, tal como expuxo o alcalde, superan o medio millón de euros, mentres que os ingresos, que inclúen unha achega da Xunta, outra da Deputación e as taxas que paga o alumnado, non chegan aos 150.000 euros. O acordo, que recolle integramente as reivindicacións da comunidade educativa, foi adoptado cos votos en contra dos cinco concelleiros do PP.

Deste xeito, a corporación de Carballo insta á Xunta de Galiza, a través da Consellaría de Educación, a:
• Que asuma a competencia dos conservatorios, a súa xestión e custo.
• En tanto planifica asumir a competencia, que convoque axudas aos concellos que cubran os custos da súa xestión, colabore na substitución ou cobertura de prazas vacantes do persoal docente mediante as listaxes da Consellaría de Educación e proporcione as ferramentas informáticas que se precisen.
• Que cree unha rede de conservatorios profesionais de música, agrupando os centros por comarcas, con criterios de proximidade e de poboación total, cunha oferta equilibrada e atendendo as propostas dos diferentes concellos.
• Que escoite as direccións dos centros e as comunidades educativas e os Concellos para avanzar no obxectivo de que pasen a ser Conservatorios da Xunta de Galiza.
• Que asigne partida inicial suficiente para apoio aos centros no orzamento 2025.
O pleno rematou ás 21.42 horas.

Relacionadas

O Concello adxudica a pavimentación dos Muiños en Oleiros. Ribeira, 29 de xaneiro de...

0
O Concello de Ribeira informa da recente adxudicación dunha actuación para garantir o bo mantemento das infraestruturas nas parroquias. O camiño do lugar dos Muiños...

O concello concorre á convocatoria de axudas para actuacións en materia de xestión de residuos

0
O propósito é adquirir un novo camión para o servizo de recollida a domicilio de voluminosos e equipamento para a o punto limpo trala...

O Concello avanza no borrador da ordenanza do imposto sobre estadías turísticas

0
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada pola concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e polo concelleiro de Facenda, Manuel César, encabezou esta mañá a reunión de...

A terceira edición do Norte Cinema Diverso terá como eixo central o colectivo trans

0
O festival proxectará no Teatro Colón un total de tres longametraxes e catorce curtametraxes entre o 20 e o 22 de febreiro O concelleiro de...

San Sadurniño leva a pleno este xoves a distribución e os proxectos do POS...

0
Este xoves, derradeiro do mes de xaneiro, toca pleno ordinario en San Sadurniño. A sesión está posta para as 19:30h en primeira convocatoria, incluindo...

O Concello de Brión homenaxea a Xosé Vizoso, veciño do municipio a quen se...

0
A biblioteca municipal organiza unha exposición de carteis que ilustran a evolución deste artista plástico e agasalla aos visitantes cun marcador de páxinas dedicado...

Publicacións Relacionadas