A Banda Municipal de Música de Oleiros, baixo a dirección de Nilo García Armas, participa este sábado 25 outubro no XVIII Encuentro de Bandas Villa de Yeles (Toledo).
A actuación enmarcada nun intercambio de bandas terá lugar o sábado 25 de outubro ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Yeles.
Entre o repertorio máis destacado da Banda, interpretarán temas como Por Tierras de la Mancha, En un lugar de la Mancha (1º MVTO.), A batalla de Elviña, Blades Of Toledo, Muiñeiras d’Oleiros, Ghalleghadas e Mamma Mia.