Home A Coruña O Pleno aproba propoñer como adxudicataria á empresa Oreco Balgón para a...

O Pleno aproba propoñer como adxudicataria á empresa Oreco Balgón para a construción do Centro Socio Cultural

- Anuncio -

A Mesa de Contratación deu a máxima puntuación á oferta desta empresa, que agora deberá presentar a documentación pertinente nun prazo de 10 días hábiles.

Despois, o Pleno será de novo o órgano que terá que dar luz verde á adxudicación definitiva e, a partir de entón, iniciar as obras.

O Pleno da Corporación que se celebrou onte no Concello de Marín deu luz verde á proposta de adxudicación elevada pola Mesa de Contratación para a construción do Centro Socio Cultural.

A Mesa de Contratación, despois de avaliar por parte dos servizos municipais a parte técnica das dúas ofertas presentadas, abriu o sobre coa proposta económica e puntuou as dúas propostas recibidas.

Finalmente, a proposta de adxudicación recae sobre a empresa Oreco Balgon, cun prezo de adxudicación de 5.278.601,90 euros. Esta inversión está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea e tamén conta coa financiación da Xunta de Galicia.

Agora, a empresa terá un prazo de 10 días hábiles desde que reciba o requerimento para presentar a documentación que se lle esixe para, en última instancia, xa tramitar a adxudicación definitiva.

Este trámite, pola elevada contía do contrato, terá que volver de novo ao Pleno da Corporación. A partir de entón, comezará a conta atrás para o inicio dunha das obras máis importantes para a nosa vila nos últimos anos.

Coa construción do novo Centro Socio Cultural, Marín dotarase dunha infraestrutura que lle permitirá dinamizar aínda máis a súa cultura local e acoller espectáculos e eventos de maior envergadura e de necesidades técnicas máis ambiciosas que ata o momento non se podían traer ao municipio.

A súa localización, na parcela portuaria anexa á Praza de España e á Escola Naval, cambiará ademais o aspecto e a ordenación do corazón urbano de Marín, renovándoo e apostando por aproveitar ese centro urbano, que vén de mellorar tamén no seu brazo de conexión co mar: o Paseo Alcalde Blanco.

A alcaldesa asegura que “estamos a piques de poder facer realidade a adxudicación deste contrato, despois de que tivéramos que adaptarnos a unha realidade, a da suba de prezos, que ninguén esperabamos”. Ramallo afirma que foi un camiño burocrático longo e difícil pero que “merecerá a pena para dotar finalmente á nosa vila do Auditorio que merece e que nos fará dar un salto de xigante a nivel cultural”.

Relacionadas

O Partido Popular de Oleiros insta ao concello a que se tome en serio...

0
A CAÍDA DE ÁRBORES E RAMAS, CON MÁS DE 100 INCIDENCIAS NO ÚLTIMO ANO, CONVERTEUSE NA PRINCIPAL CAUSA DE MOBILIZACIÓN DOS SERVIZOS DE EMERXENCIAS...

A Pobra conmemora o Día Internacional do Libro cun contacontos infantil

0
No 23 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro e, por tal efeméride, a biblioteca municipal Victoriano García Martí acollerá un contacontos infantil...

Neda promocionará os produtos das súas panaderías con degustacións gratuítas en 16 negocios locais...

0
A terceira edición de “Neda a petiscos” activarase o 27 de abril e prolongarase durante fins de semana consecutivos O Concello subministrará de balde aos...

A Casa dá Cultura de Cariño acolle o sábado 27 de abril unha nova...

0
• A partir das 18:30 horas actuarán cinco grupos musicais, dos que catro son corais e unha delas é portuguesa • A asociación Rondalla de...

Encontro coa hostalería de Fene para organizar o XIV Concurso de Tapas

0
O Concello de Fene chama á hostalería local a participar no encontro que terá lugar o martes 23 de abril ás 16h O Concello de...

O Concello de Ribeira solicita a colaboración da Policía Local para combatir o furtivismo

0
No día de hoxe o alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, mantiveron unha reunión de traballo coa Policía...

Publicacións Relacionadas