Home A Coruña Arteixo aproba por unanimidade as mocións do BNG sobre a Axencia Estatal...

Arteixo aproba por unanimidade as mocións do BNG sobre a Axencia Estatal de Intelixencia Artificial e apoio ao pobo saharaui

- Anuncio -

O goberno comprometeuse a facer as reparacións no paseo fluvial solicitadas polo BNG.
Arteixo, 29 de abril de 2022.- O pleno de Arteixo de abril aprobou por unanimidade as mocións presentadas polo BNG. Tanto a moción para que Arteixo se converta na sede da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial como a de apoio ao pobo saharauí foron referendadas por todos os grupos políticos.

Na primeira das mocións, o BNG defendeu a idoneidade de Arteixo para converterse en sede deste Axencia dado o seu gran tecido industrial innovador, a dispoñibilidade de espazo e a proximidade da Facultade de Informática, onde se impartirá o grao e mestrado en Intelixencia Artificial. Os nacionalistas consideran que “Arteixo ten un ecosistema ideal para ser foco desta tecnoloxía que será determinante na sociedade dixital na que xa estamos”. Ademais, Galiza é pioneira no Estado en ter unha estratexia propia de IA (EGIA 2021-2030) e dispón dun Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes.

Na segunda e, en consonancia coa moción institucional de apoio ao pobo ucraíno do mes pasado, exprésase o apoio do concello de Arteixo ao pobo saharauí e a condena da agresión marroquí.

Rogos e preguntas

O BNG preguntou se o Goberno sabe cantas persoas refuxiadas ucraínas chegaron ao municipio e se ten prevista algunha axuda para elas. O goberno indicou que hai varias familias acollidas por particulares en Morás, Meicende e Oseiro, ademais dalgúns clubs deportivos. Explicou tamén que as axudas serán personalizadas cando os traballadores sociais se reúnan con elas.

Os nacionalistas tamén volveron demandaron a documentación sobre a restauración e situación da canteira de Vilarrodís pedida xa en marzo. O goberno dixo que tivera problemas pero xa foi enviada tralo pleno.

O BNG solicitou que, na maior brevidade posible, o Concello arranxe o mal estado do mobiliario do paseo fluvial e o goberno recoñeceu certo deterioro e contestou que van actuar para facer as reparacións correspondentes.

Finalmente, desde o BNG pediuse a eliminación da cita previa no Concello de Arteixo para trámites administrativos, en tanto os prazos actuais limitan as xestións dos usuarios. Porén, desde o goberno teñen intención de manter a cita previa, aínda que adoptarán unha solución mixta a partir do día 5 de maio. Así, de 9 a 11 horas atenderase sen cita previa e de 11.30 a 14 horas será con cita previa.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas