Home A Coruña Merca Carral, o novo escaparate co que o Concello busca apoiar e...

Merca Carral, o novo escaparate co que o Concello busca apoiar e dar visibilidade aos negocios na crise da covid-19

- Anuncio -

As empresas e persoas autónomas que desexen incluír a súa ficha poderán rexistrarse de xeito gratuíto na páxina web https://mercacarral.com/.

Baixo o lema “O negocio que precises está en Carral”, o Concello puxo en marcha a plataforma Merca Carral, un novo espazo web co que o goberno local busca apoiar e dar visibilidade aos negocios afincados no municipio, sobre todo na situación sanitaria actual. Así, tal e como indica o equipo de goberno “a irrupción da pandemia provocou o peche de moitos establecementos e trouxo consigo enormes perdas para os responsables dos locais. Con este novo espazo web o que buscamos, precisamente, é promover as compras e o consumo no tecido económico de Carral”.

Ata o de agora, son xa preto de medio centenar as compañías que forman parte deste directorio. Esta relación inclúe restaurantes e bares, salóns de peiteado, axencias de viaxes, panadarías e tendas de alimentación, dentistas, zapaterías e tendas de roupa, etc.

As firmas e persoas autónomas que desexen incluír a súa ficha en Merca Carral poderán rexistrarse de xeito gratuíto na propia web https://mercacarral.com/. Unha vez dentro, terán que encher o formulario web indicando o seu nome e o da empresa, os datos de contacto, o tipo de compañía e o enderezo. Así mesmo, terán que incluír o logo, imaxe e unha descrición do negocio.

Relacionadas

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Inés Rey presenta o catálogo da mostra antolóxica do pintor Cheché Martín, que se...

0
“É case imposible abranguer a cantidade de dimensións nas que se moveu, talvez só poidamos facelo definíndoo como un home de mundo, un mundo...

Nova programación durante o mes de maio nas Casas da Mocidade de Oleiros

0
Durante o mes de maio terán lugar numerosas actividades e obradoiros no Centro da Mocidade das Pedras (Perillo) e en Portaberta (Santa Cruz) para...

Publicacións Relacionadas