O Concello, xunto coa ETSAC-UDC e o Colexio de Arquitectos, organiza unha semana con rutas, visitas, conferencias e mesas redondas arredor de prazas, parques e proxectos urbanos emblemáticos
O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación, Vivenda e Edificación, Francisco Díaz, presentou hoxe no Palacio Municipal de María Pita a programación da sexta edición da Semana da Arquitectura, que se desenvolverá do 6 ao 12 de outubro baixo o lema “A cidade do público”.
Díaz subliñou que a edición deste ano pon o foco nos espazos comúns da cidade, desde a praza de María Pita ata proxectos recentes de recuperación urbana, e destacou que “a arquitectura non só se mide polos edificios singulares, senón tamén polos lugares de encontro que constrúen a vida colectiva”.
O director da ETSAC, Miguel Abelleira Doldán, salientou a importancia da difusión da cultura arquitectónica e lembrou que en novembro a Escola celebrará o 50 aniversario da súa primeira clase cunha exposición apoiada polo Concello. Pola súa parte, o coordinador da Semana, Antonio Río Vázquez, explicou o programa, concibido para achegar á cidadanía a arquitectura de prazas e parques.
Programación de actividades
Luns 6 de outubro
● 11.00 h → Presentación do Festival Atmósferas (Salón Real).
Martes 7 de outubro
● 18.00 h → Presentación de obras do Festival Atmósferas (Salón Real).
● 19.00 h → Conferencia de Eduard CallIs, “Calle: atmósfera y comunidad” (Salón Real).
Mércores 8 de outubro
● 13.00 h → Aula aberta de Paisaxe Cultural, “De espacios industriales a parques urbanos”, con Juan Caridad e Tom Núñez (Parque Europa).
● 17.30 h → Mesa redonda “Proyectar plazas y parques”, con Felipe Peña, José González-Cebrián, Cristina García Fontán e CREUSeCARRASCO (COAG Coruña).
● 19.00 h → Presentación da monografía En Blanco nº 38: CREUSeCARRASCO (COAG Coruña).
Xoves 9 de outubro
● 11.00 h → Aula aberta de Introdución á Arquitectura, “Soluciones sostenibles para el desplazamiento”, con Patricia Muñiz e Suha Alnajjar (ETSAC).
● 13.00 h → Conferencia “Incertidumbre” de Xevi Bayona (ETSAC).
● 17.00 h → Ruta guiada polos Xardíns de Méndez Núñez, con Alberto Fuentes.
● 19.30 h → Inauguración da exposición “Paisaxes Públicas” (Sala Municipal de María Pita).
Venres 10 de outubro
● 17.00 h → Taller infantil, con Nuria Prieto (Fundación LuIs Seoane).
● 19.00 h → Charla de Xosé Lois Martínez, “Dos campos ás prazas” (Casa Casares Quiroga).
● 19.00 h → Ruta polo Festival Atmósferas, con Nuria Prieto (Praza dos Anxos).
Sábado 11 de outubro
● 12.30 h → Visita ao Eirón, con Fermín Blanco.
● 13.00 h → Presentación do libro “O país invisible”, de Arturo Lezcano (Praza de Bárbaras).
● 17.00 h → Visita ao espazo exterior do Mercado de San Agustín, con LCG Arquitectura (inicio na entrada de Gadis).
● 19.00 h → Ruta polo Festival Atmósferas (Praza dos Anxos).
● 22.00 h → Ruta polo Festival Atmósferas (Praza dos Anxos). Domingo 12 de outubro
● 11.30 h → Taller infantil Palitroques (Fórum Metropolitano).
● 12.00 h → Ruta guiada pola praza de María Pita e o Concello, con Miguel Abelleira.
● 17.00 h → Visita á reurbanización do Grupo de Vivendas María Pita, con RVR Arquitectos (inicio na farmacia de Labañou).
Para a visita á praza de María Pita será necesario inscribirse previamente en semanadaarquitectura2025@coruna.gal. O número máximo de participantes é de 40 persoas e o punto de encontro será na estatua da praza. Para o resto das visitas non se require inscrición previa nin existe límite de prazas.
Os talleres infantís tamén requiren inscrición previa no mesmo correo (semanadaarquitectura2025@coruna.gal). O aforo máximo é de 20 nenas e nenos, e deberán estar sempre acompañados dun adulto responsable.
A Semana da Arquitectura está organizada polo Concello da Coruña, a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (UDC) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

