HomeA CoruñaA Coruña comeza o 2026 cunha baixada do 10% do prezo medio...

A Coruña comeza o 2026 cunha baixada do 10% do prezo medio do alugueiro con respecto a antes da declaración de Zona Tensionada

- Anuncio -spot_img

A excepción do mes de decembro, o prezo medio mensual do alugueiro na Coruña non baixou dos 700 euros en todo o ano 2025

A Coruña consolida a moderación dos prezos do alugueiro. Segundo os últimos datos dispoñibles no Observatorio de Vivenda de Galicia, o prezo medio situouse en xaneiro de 2026 nos 663,9 euros, 67,1 euros menos que no prezo medio de 2025 (entre xaneiro e decembro, 731 euros) e 22,1 euros menos respecto a decembro de 2025 (686 euros). A excepción do mes de decembro, o prezo medio mensual do alugueiro na Coruña non baixou dos 700 euros en todo o ano 2025.

O dato é especialmente significativo porque non se rexistraban estes niveis de prezo desde xullo de 2024, momento no que comezou a maior escalada do alugueiro na cidade. Ademais, se se compara con agosto de 2025, primeiro mes completo coa declaración de zona residencial tensionada xa en vigor, o prezo medio situábase en 735,2 euros, a diferenza é de máis de 71 euros. Isto supón unha redución próxima ao 10% respecto dese momento. No caso do prezo por metro cadrado, tamén se observa unha baixada relevante, pasando de 7,9 euros/m² en decembro a 6,4 euros/m² en xaneiro.

A alcaldesa, Inés Rey, destacou que “estes datos demostran que a declaración de zona residencial tensionada é unha ferramenta eficaz para conter os prezos mais cómpre que sigamos traballando noutras medidas para garantir o acceso á vivenda”. A rexedora subliñou que “levabamos máis dun ano sen ver cifras como as actuais, parece que estamos a reverter a tendencia iniciada no 2024”. Con todo, Rey indicou que se trata dunha medida provisional e que a solución pasa realmente porque a Xunta invista en vivenda social despois de décadas sen facelo.

Regulación das VUT

Por outra banda, o Concello está xa a regular as Vivendas de Uso Turístico, outra medida máis pensada para conter a escalada de prezos e para facilitar que haxa máis vivendas do mercado tradicional de alugueiro.

Publicacións Relacionadas