Home A Coruña A Coruña presenta en Suíza a súa oferta turística e cultural, impulsada...

A Coruña presenta en Suíza a súa oferta turística e cultural, impulsada coa nova conexión aérea que conectará Alvedro e Xenebra desde este domingo

- Anuncio -

O voo inaugural entre a cidade helvética e o aeroporto coruñés sairá mañá ás 12.00 horas. Haberá dúas conexións semanais entre A Coruña e Xenebra durante todo o ano

Xenebra amplía o abano de conexións internacionais dispoñibles desde Alvedro, ás que se sumará a cidade italiana de Milán a vindeira semana

A alcaldesa, Inés Rey, presentou este sábado en Xenebra (Suíza) a oferta turística e cultural da Coruña, unha iniciativa formulada desde o Concello co obxectivo de dar a coñecer a nova conexión aérea entre a cidade helvética e o aeroporto de Alvedro, que se porá en marcha este mesmo domingo, 26 de marzo, operado por EasyJet.

Esta mañá, Inés Rey reuniuse co vicealcalde da cidade suíza, Alfonso Gómez. No encontro abordaron a importancia da nova conexión aérea entre ambas cidades e as posibilidades que abre tanto para a promoción turística como para as relacións laborais. A Coruña xa se está a promocionar en Xenebra a través dunha campaña nos tranvías. “A nova conexión aérea, ademais de ampliar a oferta de destinos internacionais xa existente en Alvedro, achegará aínda máis a Suíza e Galicia, xa vencelladas historicamente”, valorou a rexedora.

Neste sentido, Inés Rey apuntou á forte presencia de galegos en Xenebra, onde se atopa o centro galego máis antigo de Suíza. “A disposición da conexión aérea con Alvedro tende unha nova ponte coas súas orixes”, agregou a alcaldesa.

Ademais, Inés Rey e Alfonso Gómez puxeron en común as diversas iniciativas que comparten as dúas cidades en termos de mobilidade, humanización dos espazos públicos e aposta polo medio ambiente. Ambos os dous coincidiron na necesidade de dar continuidade a medidas como a aposta pola bicicleta como medio de transporte alternativo, e a ampliación das áreas verdes, como unha vía adicional para loitar contra o cambio climático.

Encontro coa comunidade coruñesa en Xenebra

Tras esta reunión no Palais Anna et Jean-Gabriel Eynard, o Kiosque des Bastions acolleuesta tarde o acto de presentación da nova conexión aérea entre Alvedro e Xenebra, acto no que Inés Rey estivo a carón dunha nutrida representación da comunidade coruñesa na cidade suíza.

Ademais da alcaldesa da Coruña, asistiron a embaixadora de España en Suíza Celsa Nuño,o cónsul xeral de España en Xenebra, Alberto Navarro, e o director xeral de Easyjet España, Javier Gándara, acompañado polo director de Programación Internacional da aerolínea, Mateo Finotto. Ao encontro asistiron tamén, entre outros, David Rey e Alicia Niño, coruñeses pertencentes á Misión Permanente de España ante a ONU, e Carmen García e  Antonio Pena, da Asociación de Pais Españoles en Xenebra.

O primeiro voo entre Xenebra e Alvedro, este domingo 26 ás 12.00 horas

A saída do voo inaugural procedente de Xenebra (Easyjet EZS1401) está prevista para este domingo 26 de marzo, ás 12.00 horas. Xunto á alcaldesa viaxará o director xeral de Easyjet España, Javier Gándara, con chegada a Alvedro ás 14.15 horas, aproximadamente.
Así, desde mañá, A Coruña e Xenebra estarán conectadas todo o ano, con dúasfrecuencias semanais (xoves e domingos). “O Aeroporto Internacional de Xenebra é o segundo máis importante de Suíza, cun tráfico anual que rolda os 18 millóns de pasaxeiros.

E o noso obxectivo é seguir traballando para aumentar as liñas e frecuencias de Alvedro, que xa conecta A Coruña con, por exemplo, Londres, e situar a cidade como destino turístico e devolvéndolle o seu lugar no mapa con rutas aéreas á altura das grandes urbes de Europa”, apuntou Inés Rey.

A Xenebra sumarase, a vindeira semana, outra nova conexión desde Alvedro coa cidade italiana de Milán, tamén a través de Easyjet e operando todo o ano os martes e sábados. É a primeira vez que Galicia terá conexión regular co aeroporto de Milán Malpensa.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas