A voceira de Alternativa dos Veciños de Carral acudiu á xornada organizada por Augas de Galicia para a elaboración da segunda fase do Plan Xeral Galego de Saneamento (PXGS), presidida polo director de Augas de Galicia, Don Roi Fernández Añón.
Durante o encontro, a nosa voceira aproveitou a ocasión para trasladarlle novamente ao Director de Augas a grave problemática da Depuradora do Quenllo, así como para informarse sobre os avances no tema.
Dende Alternativa xa fora entregado un anteproxecto que propoñía solucións reais para a depuradora, subliñando que é preciso actuar con dilixencia e dun xeito integral. A solución pasa por unha depuradora nova, moderna e eficaz,para garantir a protección do entorno natural.
Alternativa lembra que a Depuradora do Quenllo leva dende o ano 2010 contaminando,
e sen recibir os mantementos adecuados.



