Home A Coruña A Deputación dá o pistoletazo de saída á socialización do Plan de...

A Deputación dá o pistoletazo de saída á socialización do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “Os fogóns do Anllóns”

- Anuncio -

O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira, presentou ante os 5 concellos participantes no proxecto os reaxustes do proxecto, toda vez que xa se fixo público que este proxecto foi incluído na Conferencia Sectorial de Turismo cunha concesión de 1,5 millóns de euros de fondos europeos

Xosé Regueira aproveitou a presentación, que tivo lugar na Laracha, para anunciar que ‘Os fogóns do Anllóns’ será un dos proxectos protagonistas dos actos que o seu departamento desenvolverá en Fitur o vindeiro mes de xaneiro

A Deputación dá o pistoletazo de saída á socialización do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “Os fogóns do Anllóns”
O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira, e o alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, encabezaron esta mañá a presentación do Plan de Sostibilidade Turística en Destino do proxecto ‘Os fogóns do Anllóns’, toda vez que xa é oficial que este proxecto foi incluído na Conferencia Sectorial de Turismo cunha concesión de 1,5 millóns de euros de fondos europeos.

Na presentación, que tivo lugar no Centro de Interpretación dos Muiños da Costa da Morte en Golmar, participaron alcaldes e concelleiros e concelleiras dos cinco concellos que forman parte do proxecto: Evencio Ferrero e Maica Ures, alcalde e concelleira de Carballo; José Muíño Domínguez e Carlos Allo Cundíns, alcalde e tenente de alcalde de Cabana de Bergantiños; Juan Carlos García Pose, alcalde de Coristanco; Noelia Varela Suárez, primeira tenente de alcalde de Ponteceso; e da Laracha, ademais do alcalde, tamén participaron os concelleiros Moncho Martínez e Pablo Cambón, e a concelleira Patricia Bello.

Tamén participou persoal técnico de turismo da Deputación, dos concellos de Carballo e de Ponteceso, e da empresa EOSA Estrategia y Organización S.A, a encargada de elaborar a candidatura e realizar os diferentes reaxustes en relación aos fondos concedidos, que ascenden a 1,5 millóns de euros. Durante a xuntanza, ademais da “parabenización” por acadar o obxectivo de contar con fondos europeos (os coñecidos como Next Generation) para desenvolver os 4 eixes recollidos na proxecto, Xosé Regueira fixo fincapé na necesidade de socializar e divulgar o propio proxecto entre a comunidade local, tanto social como económica, mais tamén en foros turísticos especializados. Neste sentido, anunciou que ‘Os fogóns do Anllóns” protagonizará en exclusiva un dos actos que Turismo da Deputación levará a cabo en Fitur o vindeiro mes de xaneiro. Para realizar esta difusión, Xosé Regueira explicou que se trata de facerlle chegar ao público profesional de Fitur voces representativas “tanto de sectores económicos como toda a parte social relacionada co río Anllóns ao longo do seu percorrido pola comarca”. Neste sentido, o vicepresidente recabou a implicación de todos os representantes políticos presentes para implicar á veciñanza e a axentes económicos nesta difusión e socialización do proxecto.

Pola súa banda, o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, aproveitou para poñer en valor a “colaboración institucional para facer realidade este proxecto” e agradeceu expresamente ao departamento provincial de Turismo todo o traballo realizado para crealo e impulsalo. López Varela comprometeu “a máxima colaboración para poñelo en funcionamento o máis rápido posible” e asegurou “que é unha oportunidade moi importante para toda a comarca de Bergantiños”.

Convén lembrar que o proxecto ‘Os fogóns do Anllóns’ está concibido para ofrecer un produto turístico de calidade, baseado na gastronomía local e sostible, e para cumprir cos catro eixes transversais que os fondos Next Generation esixen para acceder ás súas axudas. En canto ao primeiro eixo, a transición verde e sostible, ‘Os fogóns do Anllóns’ prevé, entre outras accións, a creación dunha rede de miradoiros e doutros espazos novos para usar, por exemplo, como praias fluviais; e tamén limpar e eliminar as especies invasoras nas beiras dos ríos.

No relativo ao segundo eixo, a mellora da eficiencia enerxética, ‘Os Fogóns do Anllóns’ quere organizar servizos de paseo en embarcacións limpas, rutas de cicloturismo e alugueiro de bicicletas, mesmo en restaurantes, e, sobre todo, apostará polo sendeiro do Anllóns, nuclear do proxecto, de 53 quilómetros que transcorren por A Laracha, Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana.

A transición dixital é o terceiro eixo. As accións de ‘Os Fogóns do Anllóns’ irán orientadas neste caso a explicar —con realidade aumentada e códigos QR— a gastronomía local, ou a deseñar aplicacións nas que consultar todo o relacionado co proxecto.

No referido ao cuarto eixo, o da competitividade, ‘Os fogóns do Anllóns’ buscarían o embelecemento de restaurantes, incentivando, por exemplo, que conten con louza e manteis elaborados na zona. Tamén se potenciarán as feiras e se deseñarán rutas gastronómicas que aposten polo produto de quilómetro 0.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas