Home A Coruña A Deputación e o Concello da Laracha colaboran no proxecto de remusealización...

A Deputación e o Concello da Laracha colaboran no proxecto de remusealización do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte

- Anuncio -

O vicepresidente da administración provincial, Xosé Regueira, e o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, asinaron un convenio de colaboración entre ambas entidades

A Deputación investirá 38.623,20€, un 80% do orzamento total de 48.000€ co obxectivo de renovar os contidos para ofrecer unha experiencia máis completa e enriquecedora aos visitantes

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e o alcalde do Concello Laracha, José Manuel López Varela, rubricaron o convenio en virtude do cal ambas administracións cofinanciarán o proxecto de remusealización do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte.

A antiga casa reitoral de Golmar alberga o museo desde o ano 2009. Unha iniciativa, tamén impulsada por Concello e Deputación, que permitiu recuperar unha edificación do século XIX de alta importancia histórica e poñer a parroquia no mapa cultural e turístico galego.

Agora vaise modernizar e dar un impulso á instalación cun proxecto de remusealización que renovará os seus contidos desde unha tripla perspectiva conceptual, formal e funcional para ofrecer unha experiencia máis completa e enriquecedora aos visitantes. Potenciar o atractivo turístico do museo tamén significará poñer en valor o patrimonio etnográfico vinculado aos muíños de auga como elementos fundamentais da historia do termo municipal da Laracha.

A intervención presenta un orzamento superior aos 48.000 euros, achegando a Deputación o 80% dese investimento e o Concello, o 20 % restante.

Durante os últimos anos o museo, ademais de recibir visitantes, tamén albergou diversidade de iniciativas culturais e educativas tanto para o público infantil como para o xuvenil e adulto centradas no coidado do medio ambiente e na recuperación da memoria rural do municipio, tan relacionada co campo, a agricultura e, por tanto, cos muíños de auga. Esa actividade levou ao Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar a obter cada ano desde 2018 o recoñecemento como Centro Azul de Educación Ambiental que outorga a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC).

Relacionadas

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

A Deputación proxecta este venres o filme “Matria” en Moraña no marco do Ciclo...

0
A película poderán verse este venres no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual,...

O 29 de novembro terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel o Seminario sobre...

0
Os concellos ourensáns que forman parte deste futuro AECT serán Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios,  Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela do Leirado, Muíños,...

Publicacións Relacionadas