Home A Coruña A devolución do 39% da axuda da Deputación da Coruña para gastos...

A devolución do 39% da axuda da Deputación da Coruña para gastos sociais extraordinarios en 2021 motiva unha das preguntas do Partido Popular de Arzúa ao goberno local no último pleno ordinario

- Anuncio -

• Dos 208.731,58 € pagados polo ente provincial, o goberno de AxA-PSOE ordenou devolver 80.894,67 €.

• Os gastos tiñan o obxectivo de facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 en materia de servizos sociais.

O grupo municipal do Partido Popular de Arzúa recibiu como parte da documentación do pleno ordinario do pasado mércores un decreto asinado polo alcalde, José Luís García López, acordando devolver a parte non xustificada das axudas do Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS+ (Plan único dos concello) 2021 / POS+AD1-GTO SOCIAL.
A asignación asignada e transferida ao Concello foi de 208.731,58 €. Sen embargo, os gastos realizados polo goberno AxA-PSOE non chegaron a dito importe, quedando sen executar 80.894,67 €, que o Concello ordenou devolver á Deputación o 27 de maio.

Estes cartos podían ser destinados a reforzar os servizos sociais a nivel de persoal, ou axudas económicas a familias, maiores, persoas con diversidade funcional, mulleres en risco de exclusión social, con baixos o nulos ingresos económicos. Tamén se podían convocar axudas para escolarización, material informático, respiro familiar e conciliación, adquisición de EPIs, ampliar o servizo de axuda a domicilio, axudas a persoas sen fogar ou calquera outra de carácter social.

Para o Partido Popular de Arzúa trátase dun defecto grave na xestión polo goberno local e, en especial, polo alcalde, responsable da área de Benestar Social.

Segundo o voceiro popular, Rafael Rivadulla, “a resposta no pleno do alcalde foi que nos dirixíramos aos servizos sociais municipais para atopar unha explicación”. Para Rivadulla, “devolver uns cartos xa ingresados cando entre a veciñanza seguro que hai persoas con carencias, é unha auténtica vergoña e unha ofensa á poboación”.

Que o goberno local deixe convocatorias de axudas de interese sen solicitar, xa nos parece habitual. Pero devolver uns cartos dunha axuda xa ingresada nos parece un despropósito.
O grupo municipal popular afondará na cuestión nos vindeiros días para coñecer ao fondo os detalles dos gastos xustificados así como da parte non xustificada.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas