HomeA CoruñaA Escola de Música Municipal de Ortigueira abre o prazo de inscrición...

A Escola de Música Municipal de Ortigueira abre o prazo de inscrición para 10 obradoiros con 150 prazas

- Anuncio -spot_img

A Escola de Música Municipal de Ortigueira pon en marcha a súa oferta de 10 obradoiros para o curso 2025/2026, cun total de 150 prazas dispoñibles.

Entre eles destaca o obradoiro de Música e Movemento, pensado para nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, que combina creatividade e aprendizaxe musical dunha maneira dinámica e participativa.

Ademais, a programación inclúe obradoiros de pandeireta, tambor, percusións ibéricas e conxuntos tradicionais, tanto para público infantil como para persoas adultas, ampliando así a oferta formativa e de lecer para toda a comunidade.

Prazos e datas importantes
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2025 no Rexistro Xeral ou Rexistro Electrónico do Concello de Ortigueira.
As clases darán comezo o 1 de outubro de 2025 e durante a segunda quincena de setembro haberá xornadas de portas abertas.

As prazas adxudícanse por orde de inscrición e terán prioridade aquelas persoas que se matriculen unicamente nun obradoiro.

Máis información e impresos de matrícula na web do Concello e nos taboleiros da Escola de Música Municipal de Ortigueira.

Publicacións Relacionadas