HomeA CoruñaA escola infantil de Neda arranca o curso con 25 nenos e...

A escola infantil de Neda arranca o curso con 25 nenos e nenas e matrícula aberta para cubrir prazas libres

- Anuncio -spot_img

Co proceso de adaptación dos 25 nenos e nenas que iniciaron o curso na escola infantil municipal Os Pelegríns xa avanzado, o Concello de Neda anuncia a reapertura da matrícula deste servizo socio educativo de conciliación en tanto non cubra as vacantes existentes.

A concelleira de Igualdade, Ángeles Puentes, achegábase ao centro para saudar ao alumnado, e interesarse por como está resultando o seu período de adaptación despois de dúas semanas de curso. Na actualidade, quedan cinco vacantes na aula de bebés para menos de un ano; unha no grupo de entre un e dous anos; e dez na dos maiores con idades comprendidas entre dous e tres aniños. Unhas cifras que, como en anos anteriores, o Concello confía en ir mellorando co paso dos meses (o pasado ano comezaron 23 e finalizaron 31).
Dende o Concello anímase á veciñanza con fillos/as de entre 0 e 3 anos, con dificultades para conciliar vida laboral e obrigas familiares, a botar man deste servizo gratuíto, cunha xornada que se adapta a cada caso (xornada completa, media ou reducida).

O proxecto educativo do centro, situado no Empredrón, artéllase ao redor de doce centros de interese que marcan os traballos nas aulas. Funciona os 12 meses do ano (de 8 a 16 horas) e conta con servizo de cociña e comedor propios, cun menú pautado por unha nutricionista, e adaptado ás necesidades de cada neno.

A escola infantil constitúe o principal baza en materia de conciliación do Concello de Neda. Unha aposta que require un investimento anual por parte da administración local duns 200.000 euros, contando cunha axuda da Xunta que rolda o 20 %.

Publicacións Relacionadas