HomeA CoruñaA escritora Tania Sabín presenta este venres en Neda a súa novela...

A escritora Tania Sabín presenta este venres en Neda a súa novela “Aquellos hilos rotos”

- Anuncio -spot_img

A Biblioteca municipal de Neda súmase esta semana á programación municipal do 8M. E faino organizando este venres á tardiña a presentación literaria de “Aquellos hilos rotos”. Trátase da segunda novela da escritora e ilustradora coruñesa Tania Sabín, veciña de Narón. Unha novidade editorial que chega a través de Amazon.
A autora de “Marzo” aposta desta volta por unha obra intimista, na que se mesturan diferentes historias de amor e de superación persoal, protagonizada por unha muller en fase de autodescubrimento que decide converterse en escritora.
Subliña o texto da contraportada que “Aquellos hilos rotos”, obra autopublicada este mesmo ano, é unha “novela íntima e delicada sobre o desexo, a culpa e o momento en que dicir a verdade cámbiao todo”.
Sabín Salgado estará acompañada na presentación en Neda, que terá lugar a partir das 19 horas, polo escritor e durante un tempo bibliotecario da vila a Juan Lada, quen asina ademais o prólogo da obra. A proposta inclúese nas actividades programadas na localidade ao redor do Día internacional da muller.

Publicacións Relacionadas