Home A Coruña A exposición “O son do nordés” percorre a evolución da artista plástica...

A exposición “O son do nordés” percorre a evolución da artista plástica Loli España

- Anuncio -

Poderá visitarse do 31 de xaneiro ao 28 de febreiro na sala do andar -1 do Pazo da Cultura

Cultura con Forza presenta unha nova exposición no Pazo da Cultura: “O son do nordés”. Trátase dunha retrospectiva de Loli España, unha artista plástica moi vinculada a Carballo que nesta mostra presenta algunhas das obras que foi creando dende que se licenciou en Belas Artes. Poderán aprezarse as diferentes etapas do seu proceso creativo desde o ano 2000 a través de 25 anos de andaina que agora nos ofrece en forma de paisaxes, pezas abstractas ou mesmo retratos. Obras cheas de fantasía recreadas con materiais de experimentación e fundidas coas cores tradicionais nunha procura permanente.
Loli España viviu entre A Coruña, Ourense e Pontevedra ata que no ano 2002, cando se mudou a vivir ao lugar onde naceron os seus antergos, moi preto de Carballo, un espazo máxico para ela, no que de cando en cando peta o nordés. Quen se acheguen ao Pazo da Cultura poderán desfrutar dunha selección de preto de 20 obras que inclúen técnicas moi variadas, que van desde óleo a pintura acrílica ou con soportes tan diversos como metacrilato, espello ou mesmo táboa.

Loli España asegura que “pinta polo pracer de pintar”, tendo sempre presente o obxectivo de crear un proxecto de “ledicia, respecto, educación e felicidade”. A artista ten levado as súas obras a lugares como o Museo MIHL de Lugo ou a Casa de Galicia en Madrid, entre outros.

A inauguración da exposición terá lugar o venres 31 de xaneiro ás 20.00 horas no andar -1 do Pazo da Cultura e estará amenizada por Susana de Lorenzo, contando coas filmacións de Jesús ArtÉxtasis. A mostra poderá verse do venres 31 de xaneiro ao venres 28 de febreiro en horario de luns a sábado de 17.00 a 21.00 horas.

Relacionadas

Abegondo aproba por unanimidade os fondos do POS e a actualización do inventario

0
· Rexeitada a moción do BNG sobre a revisión do convenio do Deportivo ao lograr só o voto favorable do edil nacionalista O Concello de...

Secundino García solicítalle a Martina Aneiros actuacións “urxentes” no CPI de San Sadurniño

0
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, achegouse esta mañá até San Sadurniño para visitar as obras financiadas nas dúas últimas anualidades...

O pleno aproba por unanimidade o POS+ 2025, o novo Plan de Igualdade e...

0
Tamén se elevou a definitiva a aprobación da modificación da ordenanza municipal reguladora da corta e transporte da madeira de tala. No primeiro Pleno ordinario...

O Concello de Ribeira entrega as becas a deportistas individuais para fomentar hábitos saudables...

0
O Concello de Ribeira fixo entrega hoxe das becas a deportistas individuais, unha iniciativa que busca promover hábitos de vida saudables, apoiar economicamente a...

Inés Rey presenta un orzamento de 379 millóns de euros, cun Plan de Barrios...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou hoxe as contas de cara a este exercicio, que se aprobarán mañá na Xunta de Goberno Local O Concello prevé...

Corte total de tráfico no tramo final da Avda. Santa Cristina por mor das...

0
Desde o día 30 de xaneiro e por un período de 2 meses, procederase ao corte total de tráfico do tramo final da Avda....

Publicacións Relacionadas