Home A Coruña A falta de alternativa ao Goberno de Inés Rey permitirá a aprobación...

A falta de alternativa ao Goberno de Inés Rey permitirá a aprobación dos Orzamentos na primeira semana de abril

- Anuncio -

As contas presentadas polo Goberno de Inés Rey, de 379 millóns de euros, contemplan un incremento do 4,5% no investimento en materia social

O BNG confirma que non haberá acordo co PP tras votar en contra do dous grupos da cuestión de confianza

O pleno rexeitou hoxe a cuestión de confianza plantexada polo Goberno municipal, unha medida que permitiría a aprobación definitiva dos Orzamentos Municipais 2025 e a súa automática entrada en vigor na primeira semana de abril de non presentarse unha alternativa.
O escenario que se abre agora é un prazo de trinta días durante o cal os grupos municipais do PP e o BNG poderán plantexar unha moción de censura. En caso de que non sexa así, as contas presentadas polo Goberno municipal de cara a este exercicio, de 379 millóns de euros —catro máis que no ano anterior—, serán aprobadas. O propio BNG rexeitou a posibilidade desa moción de censura, o que suporá a automática aprobación das contas máis elevadas coas contará o Concello.
Na súa intervención desta mañá no pleno, a alcaldesa, Inés Rey, instou á Corporación municipal a traballar “con luces longas”. “A nosa obriga é a de seguir avanzando, manter a comunión cunha cidade que está vivindo a súa segunda gran modernización, de novo cun goberno progresista á fronte”, expuxo.
A rexedora lembrou que os Orzamentos Municipais 2025 inclúen partidas fundamentais para dar continuidade a intervencións clave no futuro da cidade, como a rehabilitación da Terraza, que acollerá a sede definitiva da AESIA, o desenvolvemento do proxecto Coruña Marítima —concibido para integrar os peiraos na paisaxe urbana da urbe— e a redacción do plan de remodelación do estadio municipal de Riazor, tamén as achegas municipais a actuacións en clave interadministrativa, como as obras da estación intermodal, o Novo CHUAC e a construción do novo centro de saúde, centro cívico e mercado en Santa Lucía.
Nota de Prensa
Os barrios vertebran a configuración das contas para este ano 2025
O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, apuntou hoxe que os orzamentos deste ano “medran un 4,5% no referente ao gasto social”, e fixo fincapé na atención aos barrios como un dos eixos estratéxicos que vertebran as contas, que estipulan a creación dunha nova rede de Oficinas de Atención Cidadá para catalizar as demandas da veciñanza nos dez distritos da Coruña, facilitando así as consultas e recollida de incidencias para axilizar a súa resolución.
As melloras nos barrios tamén foron abordadas polo miúdo por parte de Lage Tuñas, que lembrou que “no ano 2023 houbo un récord de investimento por parte do Concello, 49 millóns”. Neste sentido, o voceiro do Goberno municipal expuxo que no pasado exercicio, o do 2024, esta cifra foi de 44,5 millóns de euros.
Lage recalcou o desexo do Goberno de Inés Rey de continuar nesta liña, “mais o rexeitamento da cuestión da confianza somete ás e aos cidadáns da Coruña a un retraso de case mes e medio na aprobación do orzamento”, xa que en caso de que non se rexistre unha moción de censura, ao darse luz verde ás contas abrirírase unha fase de consulta pública de 15 días. “Isto quere dicir que, en vez de que os orzamentos entren en vigor un mes e medio antes, será un mes e medio despois”, expresou Lage, que en todo caso destacou a importancia dunhas contas que permitirán realizar investimentos nos barrios da cidade por máis de 53 millóns de euros.

Relacionadas

O Concello de Brión abre a inscrición no seu Concurso de Disfraces, que adianta...

0
As inscricións estarán abertas na Casa da Cultura ata o 27 de febreiro O Concello de Brión abre inscricións no seu Concurso de Disfraces de...

“Mentiras, malditas mentiras e estatísticas” no ciclo Contando Ciencia

0
A catedrática de Estatística e Investigación Operativa Rosa Crujeiras Casais achégase a Fene para participar no ciclo Contando Ciencia que organiza a Biblioteca O...

Cinema e moito teatro no programa de Cultura con Forza

0
A segunda semana de febreiro chega cargada coas propostas de Cultura con Forza con citas para todas as idades que abranguen eidos tan variados...

O íntimo roteiro poético da III Feira dá Cultura EnCaMiño, agora dispoñible en vídeo

0
O Concello presentará este domingo, 16 de febreiro, os vídeos dos poemas recitados por Yolanda Castaño, Manuel Rivas, Lúa Mosqueteira e Sol Mariño. No acto...

Dez días de Entroido en Ortigueira con actividades para todas as idades

0
• O evento central será o gran desfile de disfraces, que repartirá 3.400 euros en premios aos máis orixinais. O Concello de Ortigueira presentou o...

Neda adxudica en preto de 95.000 euros a mellora da rede de abastecemento de...

0
O Concello de Neda vén de adxudicar as obras de renovación do abastecemento de auga entre o a zona do centro de saúde e...

Publicacións Relacionadas