Home A Coruña A federación traslada a San Sadurniño a XXXVIII Copa Galicia de Volei

A federación traslada a San Sadurniño a XXXVIII Copa Galicia de Volei

- Anuncio -

San Sadurniño volverá vivir esta fin de semana dúas intensas xornadas de voleibol coa disputa da XXXVIII Copa Galicia de Voleibol. O torneo ía desenvolverse en Cangas do Morrazo pero, por problemas de última hora coas instalacións, a Federación Galega de Voleibol acordou co Aldebarán e o Concello o seu traslado a San Sadurniño. Así o anunciou onte nun comunicado publicado na súa web, onde tamén se atopa cumprida información sobre unha cita que inaugura oficialmente a temporada do volei galego coa presenza das primeiras escuadras femininas e masculinas do Boiro Voleibol, o Emevé Lugo, o Zalaeta, o CV Ourense, o Bruxas, o Volei Dumbría e, por suposto, o Aldebarán-Intasa, quen terá unha nova oportunidade de seguir axustando a plantilla para a súa reestrea na Superliga, prevista para o sábado 2 de outubro na casa perante o Melilla.

Despois do parón debido á crise sanitaria, a competición galega volverase a desputar neste 2021 iniciando a competición de pista da temporada 21/22, nun ano no que o Volei Galego terá ata 5 representantes nas máximas categorías do voleibol estatal. Tal e como indica a FGVB, esta edición da Copa Galicia preséntase “como unha cita moi atractiva para as persoas amantes do deporte en xeral, ao asegurar unha fin de semana co mellor voleibol autonómico e no que se loitará polo primeiro título da tempada entre os 4 mellores clasificados masculinos e femininos da 20/21”.

A competición comezará o sábado 25 coa quenda feminina, na que participan o Arenal Emevé (Liga Iberdrola), Autos Cancela Zalaeta (Superliga 2), CV Ourense Aceites Abril (1ª Nacional) e CV Bruxas (1ª Nacional) loitando polo título en catro partidos programados e nos que as coruñesas defenderán o título conseguido en 2020 en Santiago de Compostela ao vencer na final.

No apartado masculino a Copa decidirase entre o Rotogal Boiro (Superliga), Arenal Emevé (Superliga) , Aldebarán San Sadurniño (Superliga) e Dumbría Voleibol (Superliga 2), quen pecharán este domingo 26 a segunda xornada de espectáculo deportivo. Neste caso será o Emevé quen defenderá un título obtido en 2019 que desta vez “estará máis caro ca nunca”, apunta a Federación como anticipo da emoción que se vivirá no pavillón polideportivo municipal con entrada gratuíta.

Relacionadas

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover...

0
O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover o autoconsumo eléctrico e estudar a creación dun fondo de...

Publicacións Relacionadas