Home A Coruña A Festa da Filloa de Lestedo convoca o III Concurso Fotográfico “Filloarte”

A Festa da Filloa de Lestedo convoca o III Concurso Fotográfico “Filloarte”

- Anuncio -

O prazo de presentación de imaxes estará aberto desde hoxe 30 de xaneiro ata as 23:59 horas do 17 de febreiro

A Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, en colaboración co Concello de Boqueixón, veñen de poñer en marcha a terceira edición do concurso de fotografía dixital “Filloarte”. Esta proposta desenvolverase a través da fan page de Facebook da Festa da Filloa de Lestedo (https://www.facebook.com/filloaoficial) e da conta oficial de Instagram (@festadafilloadelestedo).

As persoas interesadas en participar teñen desde hoxe luns 30 de xaneiro e ata as 23.59 horas do 17 de febreiro para remitir ata un máximo de dúas fotografías ao enderezo electrónico festadafilloadelestedo@gmail.com coa lenda “Filloarte” ou “Filloa de Lestedo 2023” no asunto do correo. Ademais, no propio mail, a persoa participante deberá achegar os seus datos de contacto (nome, apelidos e teléfono), así como os títulos da/s fotografía/s adxuntas.

En canto á temática, as imaxes deberán recoller algún dos seguintes aspectos ou momentos: elaboración das filloas, presentacións empratadas de filloa/s, creatividades en base ás filloas, etc. Nas fotos só poden aparecer imaxes de filloas ou da súa creación, polo que non poden aparecer persoas identificables. En caso de figurar persoas nas imaxes, estas serán descualificadas.

Con todas as fotos enviadas crearase un álbum, coas imaxes colocadas por estrita orde de chegada, que será publicado o 18 de febreiro nas contas de Facebok e Instagram da Festa da Filloa de Lestedo. Dende ese momento e ata as 23:59 horas do 24 de febreiro abrirase un período de votación.

Premios

A Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, en colaboración co Concello de Boqueixón, establece catro premios. Un xurado profesional designará un primeiro e un segundo premio entre todas as imaxes recibidas a concurso. O xurado popular, a través dos seus “gústame” en Facebook e Instagram, escollerán outro primeiro e segundo premio. Os galardóns serán:

• Dous primeiros premios consistentes en sendos vales por valor de 150 euros para canxear por unha noite nunha cabana de María Manuela Enoturismo de Boqueixón.
• Dous segundos premios consistentes en sendos vales por valor de 100 euros para canxear por unha cea no Restaurante O Balado de Boqueixón.

Os galardóns serán entregados o domingo 26 de febreiro, no descanso da verbena da XL Festa de Lestedo. As bases do certame poden consultarse na páxina oficial da Festa da Filloa de Lestedo: www.festadafilloadelestedo.gal/

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas