Home A Coruña A Festa da Palilleira cumpre unha década e celebrará a súa X...

A Festa da Palilleira cumpre unha década e celebrará a súa X edición o vindeiro 6 de decembro

- Anuncio -

· Será no pavillón municipal Víctor Vigo e haberá mercadiño de Nadal, chocolatada de balde pola tarde e sorteos.


· Estará organizada polo Concello de Camariñas, a Asociación Puntillas, a Asociación Rendas e a Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.

A Festa da Palilleira cumpre neste 2024 dez anos de vida, sendo a data escollida para esta celebración tan especial o 6 de decembro no pavillón municipal Víctor Vigo de Camariñas.

Organizada polo Concello de Camariñas, a Asociación Puntillas, a Asociación Rendas e a Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, contará con sorteos, mercadiño de Nadal e chocolate quente de balde á tardiña. Tamén haberá inchables para os máis pequenos e o comercio local terá o seu propio espazo de vendas.

Este evento adoita atraer talento do palillo non só de Galicia, tamén do resto da xeografía española. Na pasada edición máis de 450 palilleiras tanto de Galicia como de distintos lugares como Soria ou Asturias desfrutaron dun evento no que os protagonistas son o son dos palillos, os reencontros e os ánimos de continuar cunha tradición “de dez” na axenda cultural galega.

As persoas interesadas en acudir poden contactar coa organización na dirección de correo electrónico dolores.lema@camarinas.net, no teléfono 981 737 004 ou a través de mensaxe de WhatsApp no 653 265 529.

Relacionadas

O Concello de Carballo pon en marcha o programa “Remocea”, no que poderán participar...

0
Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades: talleres de memoria, manexo de teléfonos móbiles e outras tecnoloxías e actividades lúdico-formativasO alcalde, Evencio...

O Ministerio de Cultura volve premiar as Bibliotecas do Concello de Oleiros

0
A forte aposta pola educación e a cultura que fai o Concello de Oleiros volve ser merecedor de que as Bibliotecas Municipais fosen novamente...

As persoas máis lectoras da Pobra son agasalladas polo Día das Bibliotecas 2024

0
As bibliotecas son un punto de encontro arredor das letras, unha plataforma para a difusión do coñecemento. Baixo esta premisa, a Concellaría da Cultura...

O desprendemento de cables de telefonía impide o tráfico rodado na rúa José María...

0
Os bombeiros do parque Provincial das Pontes interviñeron esta tarde nunha incidencia ocasionada pola rotura dun poste de telefonía sobre a vía que impedía...

Os Concellos afectados polo paso da AP-9 acordan asociarse para “reivindicar vos nosos dereitos...

0
• O alcalde de Abegondo convocou a reunión para “facer forza conxunta” • Os Concellos loitarán pola cobranza de atrasos do IBI, a actualización catastral...

Laxe instala 4 paneis informativos en diferentes miradoiros do municipio

0
·       Os puntos nos que se colocaron os indicadores son os miradoiros de Cabo da Area, Santa Rosa, o Faro de Laxe e o cemiterio. O...

Publicacións Relacionadas