Home A Coruña A Fundación Luís Seoane celebra o Ano Picasso co ciclo de conferencias...

A Fundación Luís Seoane celebra o Ano Picasso co ciclo de conferencias ‘Amantes, musas e modelos. Picasso e as súas mulleres’

- Anuncio -

Esta programación está dirixida por Rosario Sarmiento e comezará o martes 7 de febreiro con ‘Fernande Olivier, Eva Gouel, Gaby Depayre. Primeiras amantes/amores en Montmartre’

O Concello organiza máis de 30 actividades para renderlle homenaxe ao pintor no 50 aniversario da súa morte

A Fundación Luís Seoane únese ás actividades da ‘Celebración Picasso 1973-2023’ organizadas polo Concello da Coruña para conmemorar o 50 aniversario da morte do artista cun ciclo de conferencias que afonda nos vínculos do pintor coas mulleres coas que conviviu. Dirixido pola crítica de arte, comisaria de exposicións e xestora cultural Rosario Sarmiento, ‘Amantes, musas e modelos. Picasso e as súas mulleres’ fai un percorrido pola historia, moitas veces tumultuosa, dunha serie de relacións que, alén do ámbito privado, deixaron a súa pegada na obra do artista máis importante do século XX.

O martes 7 de febreiro, ás 20.00 horas, Rosario Sarmiento inaugurará o ciclo coa conferencia ‘Fernande Olivier, Eva Gouel, Gaby Depayre. Primeiras amantes/amores en Montmartre’, á que seguirán seis intervencións ata o mes de setembro centradas en Olga Koklova, MarieThérèse Walter, Dora Maar, Françoise Gilot e Jacqueline Roque respectivamente. Por último, o 25 de outubro, coincidindo coa data de nacemento de Pablo Picasso, o escritor, investigador e comisario de exposicións Jorge Blasco, xunto con Silvia Domènech, xefa de Coñecemento e Investigación no Museo Picasso de Barcelona, pecharán o ciclo cunha mesa redonda.

III Congreso Internacional de Educación Artística

A programación que o Concello da Coruña lle dedica ao Ano Picasso na Fundación Luís Seoane completarase no mes de setembro coa programación do III Congreso Internacional de Educación Artística, que lembrará a participación de Luís Seoane no ano 1949 no Congrès Mondial des Partisans de la Paix en París, e no Congreso Internacional da Integración das Artes en Londres. No primeiro coñecerá a Picasso, e na capital británica, aos artistas Lucien Freud e Henry Moore.

‘Celebración Picasso 1973-2023’

A cidade será unha das sedes, xunto a Málaga, Barcelona, Madrid e Bilbao, da conmemoración do 50 aniversario do falecemento do artista. Picasso viviu na Coruña entre 1891 e 1895, dos 9 aos 13 anos. Esta foi unha estadía clave na súa formación como artista, xa que desta época datan as súas primeiras pinturas e as súas primeiras exposicións. Os actos procuran non só reivindicar a cidade como eixo da influencia na arte de Picasso, senón poñer o foco na importancia da educación nas artes a temperá idade.

A programación está formada por exposicións, conferencias, congresos e actividades para todas as idades, que se desenvolverán de febreiro a decembro na cidade. Un dos actos
principais será a exposición ‘Picasso branco no recordo azul’, que se poderá visitar no Museo de Belas Artes de marzo a xuño e que promoven o Concello e a Xunta de Galicia. O Quiosco Alfonso tamén será unha das sedes desta homenaxe coa mostra ‘En pretérito seguinte’, na que os artistas contemporáneos da cidade amosarán a súa inspiración na paisaxe e na vida na Coruña de hoxe.

Outro dos escenarios centrais, ademais da Fundación Luís Seoane será a Casa Museo

Picasso, na que o Concello executará este ano traballos de reforma dun dos andares. Alí haberá tres actividades repartidas ao longo do ano. Por unha banda, a exposición ‘Abrindo a nosa colección’, que se dividirá en tres etapas (de decembro a xaneiro, de febreiro a abril e de agosto a outubro) e amosará documentos e obras que forman parte da colección e arquivo municipal e fondos da biblioteca da Asociación Pablo Picasso relativos á súa etapa coruñesa.

A partir do 28 de abril e no contexto da programación do Encontro Mundial de Humoristas 2023, levarase a cabo a mostra ‘O Guernika, unha viñeta universal – Humor na escuridade’. 

Por último, a exposición ‘A miña casa’ estará dispoñible de outubro a decembro e amosará o traballo de ilustradores de Coruña Gráfica rendéndolle homenaxe a Pablo Picasso.

Outra exposición dedicada a Picasso será ‘Pablo Ruiz en mi’, de abril a maio en Palexco, do artista cubano Nelson Villalobo. A programación complétase con actividades didácticas para todas as idades, o impulso e a visibilidade da creación contemporánea na cidade a través dun Festival Internacional de Muralismo ou unha curtametraxe sobre a ‘Torre de Caramelo’, denominación que empregaba Picasso para describir a Torre de Hércules.

Relacionadas

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover...

0
O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover o autoconsumo eléctrico e estudar a creación dun fondo de...

Publicacións Relacionadas